Skip to Content

Educación Infantil prantando amorodos no invernadoiro do colexio

Este pasado xoves 16 de marzo o alumnado de Educación Infantil remangouse e púxose máns á terra para facer unha pequena prantación de amorodos no espazo que tan ben nos acondicionaron os compañeiros/as de cuarto da ESO no invernadoiro do colexio.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver canto traballaron os cativos e cativas do colexio e canta caloriña pasamos no invernadoiro.

      

Intercambio co IES La Vaguada de Zamora

Estes días de marzo, do 15 ao 17, tivemos de visita no noso centro a profesorado do IES La Vaguada de Zamora que está a participando nun intercambio sobre INNOVACIÓN METODOLÓXICA no marco do Programa Observa_Acción, que organizan as Consellarías de Educación de Castela León e Galicia, para o que foi seleccionado o noso centro canda outros 4 de Galicia.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías da visita, así coma algunha referencia en prensa destes días de traballo levados a cabo no noso centro. 

               

O alumnado de 3º e 4º da ESO visita Compostela

O pasado 16 de marzo o alumnado de terceiro e cuarto da ESO asistiu a unha representación teatral da obra de Mary Shelly 'Frankenstein' e aproveitaron a visita a Santiago para facer unha visita guiada da Cidade da Cultura.

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver algunhas instantáneas da xornada.

                 

 

Panadeiros e panadeiras por un día

Os cativos e cativas do noso colexio, xunto cos compañeiros/as da Escola Unitaria de Arcos de Furcos experimentaron que se sente traballando coma panadeiros/as por un día. Primeiro aprendimos e tocamos todos os ingredientes que precisamos para facer unha boa masa, despois puxemos en marcha as máquinas amasadoras e rematamos amasando os nosos propios boliños de pan fresco. Ademáis de pan tamén nos ensinaron como se facían outros alimentos ricos e doces que preparan con moito cariño, como as palmeiras, os croasáns, os ovos de Pascua e ata un castelo de chocolate puidemos ver. 

Moitísimas grazas aos traballadores e traballadoras da Panadaría Cervela que tan ben nos recibiron, pola paciencia que amosaron con todos/as nós e por suposto, polos riquísimos agasallos que nos fixeron. 

Coma sempre podedes botarlle un ollo ás fotos que nos tiraron as mestras desta xornada panadeira tan proveitosa premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería e fotos.

       

Obradoiro de Percusión Odaiko en Santiago

O alumnaDo de quinto e sexto de primaria asistiu a semana pasada a un obradoiro de percusión no Auditorio de Santiago de Compostela baixo o título "Odaiko Percusión". Despois aproveitaron a viaxe para dar unha volta e coñecer de perto a Cidade da Cultura cunha visita guiada por monitores que lles amosaron os rincóns máis bonitos.

Coma sempre, botádelle unha ollada ás fotos que sacaron os/as mestres/as que os/as acompañaron premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotografías.

        

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

O alumnado de Educación Infantil do noso centro e da Unitaria de Arcos de Furcos, xunto cos de primeiro ciclo de Educación Primaria desfrutaron este venres dunha sesión de contacontos moi interesante a cargo da grande contadora de historias Raquel Queizás, ou como ela nos dixo que lle podiamos chamar, Queliña. Os contos que nos trouxo Queliña trataban de achegar a todos os cativos/as e non tan cativos/as a importantísima idea de que Todos e Todas "Somos Iguais" sen ter en conta o noso tamaño, idade, sexo ou raza.

Velaquí algunhas fotos que tiraron as mestras do ben que o pasamos cos Contos de "Somos Iguais", botádelle un ollo porque non só participaron das historias os pequerrechos e pequerrechas, a algunha das mestras tamén lle tocou disfrazarse.   

Grazas ao Concello de Cuntis por ofrecernos a oportunidade de desfrutar

esta sesión de Contacontos para conmemorar o Día da Muller.

O CPI de Cuntis conmemora o 8 de Marzo cun Obradoiro de Graffitti

O alumnado da ESO do noso centro celebrou o Día da Muller cun obradoiro de graffitti en directo da artista NANA, baixo o título "Cóntame outro conto" no Pavillón Municipal de Deportes. A esta actividade acudiron o alcalde de Cuntis Manuel Campos, a concelleira municipal de Igualdade Conchi Campos e a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva Rego. 

Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade e uns enlaces á noticia do día no noso colexio.

                                              

https://www.facebook.com/DeputacionPontevedra/photos/rpp.190296897664686/1574135375947491/?type=3&theater

 http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-a-deputacion-organiza-este-mercores-8-de-marzo-unha-accion-escenica-en-cuntis-no-marco-do-programa-mulleres-en-accion-violencia-zero-

http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-carmela-silva-sublina-no-proxecto-%E2%80%9Cviolencia-zero%E2%80%9D-en-cuntis-que-sen-as-mulleres-o-mundo-parariase

http://www.noticieirogalego.com/2017/03/a-deputacion-de-pontevedra-sumarase-ao-paro-internacional-das-mulleres-o-8-de-marzo/

Obradoiro de Toponimia con Vicente Feijoo

Na tarde do martes, visitou o noso centro Vicente Feijoo Arán, responsable da Comisión de Onomástica e Toponimia da Real Academia Galega, que lle transmitiu a todo o alumnado de secundaria a importancia da toponimia como patrimonio inmaterial e animou á investigación dos topónimos e micropónimos cuntienses para posteriormente incluílos na aplicación informática oficial.

O alumnado estivo atento e amosou moito interese polos nomes dos lugares. O tempo quedou curto xa que houbo moitas preguntas e por iso esperamos que poida volver dentro duns meses para aclarar dúbidas e aspectos sobre os nomes dos lugares onde vive o noso alumnado.

Esta actividade está vinculada con dous proxectos que se están a levar a cabo no centro: o proxecto Dragal e o de Dimanización lingüística.

Premede na imaxe para ver algunhas fotos.

                                

Photocall do Día de Rosalía

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cunha serie de actividades organizadas pola profesora do departamento de Lingua Galega e coordinadora do EDNL do noso centro Natividad Diéguez, e coa colaboración da profesora do departamento de língua castelá Susana Sánchez; entre estas actividades, que ademáis foron gravadas e emitidas pola TVG no espazo Galicia Noticias, estaba un photocall no corredor principal do colexio e un ManequinChallenge que fixeron os/as rapaces/as de primeiro da ESO.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para botar unha ollada aos mellores momentos do photocall.

       

MAIS COUSAS DO ENTROIDO DO NOSO COLEXIO

Foron moitas as actividades que fixemos en torno ao Entroido no noso colexio ademáis do desfile; unha delas foi a grabación dun pequeno vídeo de presentación desta celebración no noso centro da nosa mestra Auxiliar de Conversa en lingua inglesa da Sección Bilingüe de terceiro de primaria, Celina Valencia; coa colaboración dos/as nosos/as rapaces/as e na língua que están aprendendo fixeron unha presentación para amosarlle aos/as seus compañeiros/as americanos/as como se celebra esta festa nun centro escolar galego.

Premede nesta imaxe para botarlle unha ollada ao vídeo que vai camiño de América.

                                        

Distribuir contido


by Dr. Radut