Skip to Content

Teatro "Zapping". 4º-5º-6º de Primaria.

Este mércores 31 de xaneiro o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha clase de Inglés moi especial. Viaxaron a Pontevedra para desfrutar dunha obra de teatro na lingua extranxeira a través da cal puxeron en práctica as destrezas de escoita e fala interaccionando cos protagonistas da obra.

Como podedes ver premendo nestas imaxes, pasárono moi ben e desfrutaron aprendendo dun xeito diferente.

                                  

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA COÑECE A LOITA OLÍMPICA

O Programa XOGADE- Deporte Escolar organizou unha xornada para o alumnado de 4º de primaria coa idea de fomentar o interese pola modalidade olímpica da Loita. O profesorado tivo que formarse no Centro de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, elaborar unha unidade didáctica e levala a cabo nas súas clases. Despois, na mañá do 25 de xaneiro, todo o alumnado de 4º de primaria do CPI Aurelio Marcelino, xunto co alumnado doutros centros educativos de A Estrada xuntouse no Pavillón Municipal de A Estrada para unha demostración das habilidades de loita olímpica adquiridas na súa formación.

Podedes ver algúns dos momentos vividos desta xornada premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

                   

CONTACONTOS PARA INFANTIL E 1º CURSO DE PRIMARIA

Este martes 30 de Xaneiro o alumnado de Educación Infantil e primeiro curso de Educación Primaria recibiu a visita do mestre, escritor e contacontos Iago López que unha vez máis nos trouxo a maxia dos contos tradicionais á escola.

Esta viaxe polos contos de sempre comezou na casiña dos tres osiños, continuou cara a casa dos sete ananiños e pasou tamén moi pertiño da casiña de chocolate onde a superheroina e axente especial Riciños de Ouro mira pola posta en marcha dun servizo de axuda a personaxes de conto inxenuos e inocentes que andan desorientados.

      

CAMPO A TRAVÉS EN PORTAS

O martes 23 de xaneiro tivo lugar no Circuíto da Azucareira en Portas o Campionato Provincial de Campo a través para escolares, dentro do programa Xogade. Xunto co noso alumnado de Primaria e Secundaria participaron no evento nenos e nenas de centros de toda a provincia de Pontevedra, que obtiveran a clasificación nas diferentes fases locais. A xornada reuniu a preto de 700 participantes.

Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada que podedes ver premendo nesta imaxe.

OS ÚLTIMOS ESPAÑOIS EN MAUTHAUSEN.

Este luns 22 de xaneiro, o xornalista e escritor Carlos Hernández ofreceu ao alumnado de 3º e 4º da ESO unha charla sobre os españois que foron capturados polos nazis na Segunda Guerra Mundial e campo de concentración de Mauthausen (Austria).

Este xornalista, que traballou en Antena 3 e foi correspondente de guerra en Kosovo, Palestina, Afganistán e Iraq, dedicouse nos últimos anos a entrevistar aos superviventes de dito campo e co material recollido escribiu dous libros: “Los últimos españoles de Mauthausen” e “Deportado 4443” (Libro ilustrado).

A charla foi moi interesante e atractiva para o alumnado, que, a través dun vídeo, puido escoitar as testemuñas de algún dos superviventes.

Premendo nesta imaxe podedes ver algúns momentos da charla.

1º PREMIO EDUCA COMPOSTELA PARA O CPI AURELIO MARCELINO

Comezamos o ano con boas noticias para o noso centro, especialmente para o EDLG do CPI Aurelio Marcelino que acaba de recibir o 1º Premio da X edición dos Premios Educacompostela convocado polo Concello de Santiago en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega pola aplicación para dispositivos Android CuntiStar. Un xogo que pon en valor a etnografía, o patrimonio, a lingua, o deporte e o medio natural de Cuntis.

O xurado destacou a temática que se trata CuntiStar, o seu uso da lingua a través das novas tecnoloxías e a implicación do noso alumnado na súa creación e desenvolvemento.

Animádevos a descargar a app CuntiStar no Play Store do voso móbil ou tablet e xogar!

https://play.google.com/store/apps/details…

 

Tamén vos deixamos aquí un enlace á noticia da resolución do premio ao noso centro: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php…

FESTIVAL DE NADAL 2017

Alá vai o primeiro trimestre deste intenso curso 2017-2018 e que mellor maneira de despedilo que facendo unha grande festa en forma de Festival. Un ano máis todo o alumnado e profesorado puxo moita ilusión, esforzo e horas de traballo para amosarvos todo o talento co que contamos no noso colexio. 

Queremos dar as grazas a todos/as os/as que participastes activamente para os premios do Mes da Ciencia, para os concursos da asociación Avanzar de Cuntis e para os carteis do departamento de Igualdade dos Servicios Sociais do concello de Cuntis. Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e polas gañas que lle poñedes a todo para facer deste noso e voso centro un lugar de aprendizaxe, de cooperación e ilusión polo traballo ben feito.

Aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos e fotos que tiramos nestes días de Nadal.....

  

      FOTOS FESTIVAL NADAL I               FOTOS FESTIVAL NADAL II             VÍDEOS FESTIVAL NADAL

 BO NADAL E FELICES FESTAS!! 

OS PAXES DOS REIS MAGOS VISITAN O CPI

Esta luns 18 de decembro visitaron o noso centro os/as axudantes das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, os/as Paxes Reais. Todo o alumnado do centro puido velos/as polos corredores, pero foron os máis cativos/as de Infantil e Primeiro e Segundo de Primaria os que tiveron contacto con eles/as dun xeito máis próximo.

Falaron con eles/as, dixéronlle os agasallos que tiñan pedidos, recibiron as cartas que eles traian para poder escribirlle e tamén se fixeron fotos con eles/as que podedes ver premendo nesta imaxe ou visitando a nosa galería de fotos.

    

FESTIVAL DE NADAL 2017

 

SAÍDA AO MERCADO DE 2º DE PRIMARIA

O pasado 13 de decembro as aulas de segundo de Educación Primaria fomos visitar o mercado de Cuntis. Alí recibíronnos para amosarnos os tres postos que hai: a froiteira ensinounos as súas saborosas froitas e verduras; a peixeira amosounos a varidade de peixes que se mercan e venden; e a carniceira tamén nos mostrou as apetecibles carnes de vaca, porco, ave e coello cos que traballa. Logo fóra do mercado vimos as fotos en branco e negro do noso pasado cuntiense.

Premede nesta imaxe e poderedes ver algún dos momentos tan xeitosos que pasamos coas nosas mestras nesta actividade....

Distribuir contido


by Dr. Radut