Skip to Content

ALERTA POR TEMPORAL: SUSPENSIÓN PARCIAL DO SERVIZO DE TRANSPORTE

A Consellaría e Educación ven de comunicarnos que, por mor do temporal, suspéndese parcialmente o servizo de autobuses escolares polo que NON HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE nos seguintes horarios:

              -O mércores 22 de marzo ao mediodía para volver para a casa.

           -O xoves 23 de marzo á primeira hora para vir para a escola.

Polo tanto, as familias que desexen que os/as seus/as fillos/as asistan á clase terán que vir buscalos/as mañá ao mediodía e deberán traelos/as o xoves á hora de entrada ao colexio.

En caso de que a situación meteorolóxica empeore poderíanse suspender as clases e terían que vir buscar os/as seus/súas fillos/as á hora indicada. Ademais, o alumnado transportado debe ter en conta que poderá asistir ao Servizo de Comedor se a súa familia o vén recoller despois.

Teñen máis información aquí:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21563



portada | by Dr. Radut