Esquema de temas

  • Tema 1

    "IGUAIS.  EU VOU SER..." Educando en igualdade.
    • A idea deste proxecto nace da man de dúas nais e un pai que forman parte do Consello Escolar do CEIP Cruceiro de Canido.
      A raíz da proposta de actividades para o Día Internacional das Mulleres, xorde a idea de abordar os prexuízos sexistas cunha exposición fotográfi ca onde se fagan visíbeis homes e mulleres con profesións tipicamente vinculadas ao sexo contrario.
      Neste traballo fotográfico contouse coa colaboración de persoas con profesións tan diversas como por exemplo unha muller condutora de autobús, un home matrón, unha muller adestradora dun equipo masculino de baloncesto, un home que fai bolillos,...
      A idea inicial era facer unha proposta que permitira tratar este tema tan importante, moito máis aló da celebración dun día illado, dándolle así fundamento curricular e artellando diferentes actividades para os distintos niveis educativos partindo do material fotográfi co. Para iso, o CFR de Ferrol (Centro de Formación e Recursos do
      Profesorado) solicita a colaboración tanto do CPI de Atios de Valdoviño, coma do IES Carballo Calero, de Ferrol.

      Do traballo conxunto de moita xente implicada, xorde esta proposta didáctica que se detalla a continuación. Nesta proposta, deséñanse e propóñense diferentes actividades e exercicios para as etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria que foron desenvolvidas no CPI Atios de Valdoviño e que poden servir de guía ou de exemplo para moitos outros centros.

      Tanto o material gráfico, elaborado polo IES de Leixa de Ferrol, xunto coa proposta didáctica e os diferentes materiais elaborados, serán facilitados a todos aqueles centros interesados para que teñan a oportunidade de traballar un tema tan importante como a igualdade e a prevención da violencia de xénero dentro das aulas, dende un punto de vista curricular a través dunha tarefa integrada



  • Tema 2