ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

PROCESO DE ADMISIÓN (SÓ PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO)  - CURSO 2021 –2022

 Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG. 15/03/13), polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG. 26/12/2012) e pola Orde 25 de xaneiro de 2017 (DOG. 01/02/2017) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

  • Os postos escolares ofertados polo centro para o curso 2021-22 son os que se sinalan no Anexo I.
  • O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 22 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • No caso de proxenitores separados, divorciados ou non unidos por ningún vínculo legal, a solicitude ten que estar obrigatoriamente asinada polos dous titulares.
  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro elixido en primeiro lugar. En caso contrario perderá os dereitos de prioridade.
  • Se un alumno/a cambia de centro deberá comunicar a renuncia á reserva de praza no centro de orixe antes de matricularse no novo.
  • Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 25 de marzo e o 15 de abril.
  • As listas provisionais de admitidos/as publicaranse o día 23 de abril, podendo reclamar contra as mesmas no prazo de 5 días hábiles mediante instancia dirixida á Dirección do centro.
  • As listas definitivas de admitidos/as publicaranse o 14 de maio de 2021.
  • A formalización de matrícula realizarase no período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño en educación infantil e primaria, e entre o 25 de xuño e o 10 de xullo na ESO
  • O alumnado poderán usar os servizos de transporte e comedor segundo a lexislación vixente, marcándoo no impreso de admisión e presentando logo a correspondente solicitude específica cando formalicen a matrícula.

PRAZO: Do 1 ao 22 de Marzo de 2021

LUGAR: 

DOCUMENTACIÓN:

Outra documentación a entregar:

  • FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA
  • FOTOCOPIAS DO DNI DE TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
  • SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso)
  • XUSTIFICACIÓN DAS NECESIDADES DE ATENCIÓN EDUCATIVA ESPECÍFICAS (se é o caso)
  • CERTIFICACO DE MATRÍCULA DO CENTRO ANTERIOR (se é por traslado)