try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue deHoracio

Obradoiro de Ilustración con Almudena Aparicio

Obradoiro de ilustración con Almudena Aparicio

No dia de Hoxe os rapaces de primeiro da E.S.O tiveron a sorte de contar coa ilustradora Almudena Aparicio (http://almudenaaparicio.com) nunha triple clase de plástica na que coñeceron o labor dos profesionais do debuxo, descubriron o xeito en que traballan os debuxantes na actualidade e aprenderon as técnicas dixitais de traballo coa cor.

Na súa introdución teórica puidemos observar os traballos dos seguintes debuxantes e, gracias a Almudena, coñecer as técnicas, recursos e trucos que utilizan ditos autores para facer as súas creacións.

Nunha segunda parte da clase descubrimos de primeira man como é o proceso editorial de calquera publicación ilustrada similar a un libro de texto. Tivemos a posibilidade de ver a maqueta dun libro de lingua de sexto de primaria, os esbozos realizados para ilustralo, os debuxos definitivos orixinais e o resultado final impreso, e deste xeito puidemos comprender paso a paso o proceso creativo e o traballo dos ilustradores.

 Marcalibros impreso e esbozo a lapis  Maqueta dun libro de texto
 Esbozo inicial, debuxo entintado e impresión final no libro de texto  Ilustración impresa e esbozo a lapis

Por último adicamos a hora final do obradoiro a traballar na aula informática e aprender como darlle cor a os nosos debuxos a lapis ou tinta no ordenador.

Grazas a Germán, Elisa, Paula e Lurdes por cedernos as súas horas de clase e sobretodo a Almudena pola súa fantástica clase!.
Distribuir contido