Skip to Content

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS.

Neste 2º trimestre, nos recreos, desde o 23 ao 27 de xaneiro,

desenvolverase este Programa, distribuíndo froita, entre o alumnado que o desexe, do mesmo xeito que se fixo no 1º trimestre. 

 

 

 

RECOÑECEMENTO PARA O NOSO CLUB DE LECTURA

O proxecto do Club de Lectura aplicado durante este curso nos diferentes cursos da ESO acaba de ser recoñecido cunha axuda de 800 euros pola Consellería de Educación. Esta axuda económica, superior á concedida o ano pasado, será un importante incentivo para axudarnos a conseguir o obxectivo procurado para a comunidade educativa que o conforma, alumnado e profesorado: fomentar hábitos lectores entre os participantes e contribuír á creación dun clima favorábel á lectura no centro. Grazas a todas as persoas do centro que o converten nunha realidade.

http://www.edu.xunta.es/web/node/3743

LECTURAS RECOMENDADAS. BO NADAL

A comunidade educativa do CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL deséxavos un FELIZ NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO.

O equipo da Biblioteca déixanos aquí o Menú Degustación de Nadal, con moitas recomendacións de lecturas. Todo está exquisitooo!!

BO PROVEITO !!!

IMOS AO CINE !!! MISIÓN IMPOSIBLE 4

Hoxe, 21 de decembro, o alumnado da ESO vai ao cine a Carballo para ver a película Misión Imposible 4: Protocolo fastama.

HORA SAÍDA - 09:35 h

HORA CHEGADA - 13:50 h

PROFESORADO ACOMPAÑANTE: Oliva, Mª José Rivas, Beatriz Villar, Concha Martínez, Rosa, Carmen Varela e Elena.

SAÍDA A CORUÑA 1º CICLO DE ESO.

Onte, martes 20 de decembro, o alumnado do 1º ESO fixo unha ruta pola ría do Burgo mentras o alumnado de 2º ESO visitaba as instalacións da Coca-Cola.

Despois todos xuntos foron a patinar sobre a pista de xeo no Coliseum.

Saíron ás 09:35 e chegaron ás 14:15.

Foron acompañad@s polas profesoras Beatriz Villar, Susana Penas, Elena Alcoba e Mercedes Garrote e por unha coidadora.

MERCADO SOLIDARIO

Este martes 20 de decembro celébrase tanto no edificio de Primaria como no de Secundaria, o I mercado solidario "Un libro-1 quilo". Os nenos/as poderán "mercar" o libro que máis lle guste a cambio de alimentos que serán doados.

Animádevos a participar!!!!!!!

GAÑADOR@S CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

GAÑADORAS:

  • Alba Abelenda Couto (3º ESO B)
  • Andrea Pose Veres (3º ESO B)

FINALISTA:

  • Alejandro Fernández Echegaray (1º ESO B)

O próximo mércores 21, farase a entrega de premios.

PARABÉNS!!!

ACTIVIDADES NADAL EN SECUNDARIA

Como remate da 1º Avaliación os próximos días 19, 20 e 21 de decembro, levaranse a cabo unha serie de actividades co alumnado de ESO.


Podedes ver o tríptico destas actividades picando aquí.


 

DIA MUNDIAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Hoxe celebramaos o día mundial do bosque autóctono e para celebralo fixemos este mural entre todos no que recordamos os seus dereitos.

PLAN DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS

Por 3º curso consecutivo, o centro volve a participar na campaña promovida polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), "Plan de consumo de froita nas escolas", tras ser solicitada e concedida esta axuda.  

Neste trimestre, nos recreos, dende o día 16 ata o 22 de novembro, distribuirase froita entre o alumnado que o desexe.

Distribuir contido


by Dr. Radut