Skip to Content

ENCONTRO COA ESCRITORA MARÍA SOLAR

Maria Solar visitou aos nosos alumnos de 3º e 4º ESO o martes 18 de decembro,  para falarnos da súa obra Meigas de Lupa.

Licenciada en Xornalismo e en Bioloxía e diplomada en Maxisterio, centrou o seu traballo no mundo da comunicación, principalmente na radio e na televisión galega, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. É ademais actriz de dobraxe.
Actualmente presenta o espazo cultural diario Zig Zag na TVG. 

Como escritora ten publicados os seguintes títulos: Boa sorte, O tempo do revés, O fillo do Pintamonas, Vou ter un irmán!!!, As meigas de Lupa e, máis recentemente, A verdadeira historia da mosca da tele.

Pódense ver as fotos de dito encontro premendo aquí.

VISITA Á COCA-COLA E PATINAXE SOBRE XEO

Este mércores 19 de decembro o alumnado de 1º e 2º de ESO realizará a seguinte visita.
O de 1º ESO irá patinar de 11:00 a 12:00 á pista de xeo no Coliseum na Coruña, e despóis, se o tempo o permite, farán un percorrido pola ría do Burgo.
O de 2º ESO irá visitar a fábrica de Coca Cola, visita obrigada para participar, un ano máis, no concurso de relatos que a fundación desa empresa organiza. E de 12:00 a 13:00, irán patinar á pista de xeo.

Hora saída do Centro: 9:35

Hora chegada: 14:15. 

Profesoras acompañantes: Carmen e Mercedes Garrote (Departamento de Lingua castelá) e Susana e Elena (Departamento de Ed. Física)

ACTIVIDADES NADAL EN SECUNDARIA

Como remate da 1ª Avaliación, os próximos días 18, 19, 20 e 21 de decembro, levaranse a cabo unha serie de actividades co alumnado de ESO. (Encontro coa escritora María Solar, obradoiro coa poeta Dores Tembrás, charla sobre as fontes de enerxía, conferencia-concerto da musicóloga medieval polaca Paulina Ceremuzynska, cine, Mercadillo solidario .....)


 


Premede aquí para ver o calendario de todas as actividades.

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2012.

Podedes ver a relación de gañador@s premendo aquí.

12/12/12 ás 12:00 horas

 

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria e os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, van participar nun recitado público do poema Deitado fronte ao mar, publicado no seu libro Longa noite de pedra.


Dito recitado celebrarase o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas.


Esta actividade ven proposta dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) e será realizada nos diferentes centros educativos de toda Galicia.

10 anos do Prestige

O pasado 13 de novembro recordamos o accidente do Prestige. O alumnado elaborou múltiples debuxos plasmando a súa particular visión deste accidente.

SEMANA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebrouse o Dia Interncacional de Loita contra a Violencia de Xénero. No noso centro quixemos recordar esta data e durante esta semana traballouse esta temática a través de varias actividades. Repartíronse lazos morados, traballáronse contos dende a Biblioteca como "Arturo y Clementina" e na megafonía do centro escoitáronse cancións contra a violencia de xénero como "Ella" de Bebe, "Mujer" de Orishas ou "Se acabaron las lágrimas" de Huecco. 

CONCURSO POSTAIS NADAL 2012.

Dende o equipo de dinamización lingüística informámosvos do Concurso de Postais (subvencionado polo Concello) que se vai celebrar en colaboración cos diferentes equipos de normalización dos centros educativos do Concello.

Podedes premer aquí para consultar as bases da convocatoria.

O ALUMNADO DE INFANTIL IRÁ A VER "PIO" DE CARAMUXO TEATRO

O alumnado de Infantil irá o martes 27 a ver a obra "Pio" de Caramuxo Teatro dentro do Programa Cultural ofertado polo Concello. Podedes coñecer algo máis desta obra premendo na imaxe.

SAMAIN E MAGOSTO NO PICHEL

O pasado 9 de novembro celebrámolo magosto no centro. Fixemos a tradicional degustación de castañas e organizáronse diversos xogos tradicionais. Aproveitamos tamén para facer entrega dos premios ós gañadores e gañadoras de Infantil e Primaria e de Secundaria do concurso de cabaza e dos relatos de terror. Podedes consultar a lista de gañadores no adxunto que se anexa. Norabóa a tod@s.

Distribuir contido


by Dr. Radut