Skip to Content

ENTREGA DOS PREMIOS AOS GAÑADORES DO CERTAME "SAMAÍN-2020"

O luns 16 de novembro celebramos na biblioteca do centro a entrega de premios aos gañadores e á gañadora do concurso de celebración do Samaín 2020. Foi un acto limitado só aos autores dos traballos seleccionados, conforme as restricións deste curso. Para outro ano (esperemos que o próximo) quedan a decoración das portas, os disfraces, as actividades en grupo, as castañas do magosto...

Os tres alumnos que destacaron polas súas achegas foron os seguintes:

-Brais Pardiñas Muñiz, de 1ºA 

-Ainhoa Mato Ferreiro, de 2ºA

-Borja Villar Cancela, de 4ºA

     Os tres recibiron cadanseu agasallo, entregados respectivamente por María Martinez (xefa do Departamento de Lingua Galega), Héctor Cajaraville (responsable do EDLG) e Carlos Fernández (director do centro).

     Parabéns aos tres, e moitas grazas a todos e todas as que participastes no concurso por axudar a manter vivo, malia as dificultades, o espírito do Samaín!

 

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGTHBOX.

 

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> ENTREGA DOS PREMIOS AOS GAÑADORES DO CERTAME "SAMAÍN 2020"


album | by Dr. Radut