Océano para terrícolas

 O vindeiro xoves, 21 de febreiro, para todo o alumnado de grao elemental, estará  Xurxo Souto desenvolvendo a actividade, "Océano para terrícolas": 

Dixo o profesor sueco, Staffan Mörling:
"Galicia non é un fin do mundo.
É un centro do mar". Nesta sesión
achegarémonos, con cantos e contos,
a este universo oceánico, tan próximo
e descoñecido. Lugo convertido nunha
gran atalaia para divisar os barcos
galegos por todos os mares do Mundo.

Xurxo Souto é cantante, acordeonista,

escritor, locutor e licenciado en filoloxía
clásica.  Foi o líder e vocalista da banda
de rock Os Diplomáticos de Monte Alto,
e gran difusor da música galega de agora
e sempre. Outra das súas facetas a
destacar é a de escritor. Ademais de
ter cinco libros publicados, ten colaborado
con artigos en diferentes publicacións.
Dende 1986 comezou a traballar en
diversos programas de radio en galego,
e desde outubro de 2005 até abril de 2009
foi Director de Programas da Radio Galega.
Ao longo da súa traxectoria tamén traballou
como actor en producións galegas (Mareas
Vivas, Entre bateas).
A xornada distribuirase en dúas sesións:

-1ºA, 3ºA, 2º A e 2º B: de 17.00-18.00 (A.6)
-1ºB, 3ºB, 4º A e 4º B: de 18.00-19.00 (A.6)