Faladoiro con Joaquín de Luz

Joaquín de Luz é un bailarín madrileño que iniciou a súa andaina no mundo da danza na escola de Víctor Ullate, con quen tamén daría os seus primeiros pasos profesionais, formando parte da súa compañía desde 1992 ata 1995.

Tras gañar a Medalla de Ouro no Concurso Internacional de Ballet “Nureyev” de Budapest, no 1995, é contratado polo Pennsylvania Ballet.

No 1997 entra a formar parte das filas do American Ballet Theatre e un ano máis tarde sería ascendido a bailarín solista.

No 2003 accede como solista ao New York City Ballet, compañía á que será ascendido como bailarín principal no 2005, desenvolvendo os anos máis salientables da súa carreira profesional como bailarín.

En outubro de 2018 retirouse oficialmente do NYCB, pero non se trata dunha despedida definitiva, xa que continuará vinculado a outros proxectos.

Entre os galardóns que posúe destaca o Benois da danza (2009) e o Premio Nacional de Danza na modalidade de Interpretación (2016).