Eternas pioneiras: "A muller na danza" con Ana Abad Carlés

A danza foi durante boa parte da historia unha arte na que as mulleres deixaron a súa pegada como creadoras e directoras, ademais de como intérpretes. Sen embargo, nas últimas décadas produciuse un retroceso e unha invisibilización desta axencia feminina.

Recentemente, aínda que de forma lenta, esta invisibilización estase a cuestionar en diferentes medios de comunicación e no propio sector. No medio do movemento #metoo, a denuncia pola ausencia en postos de creación e de poder foi tomando forza.

Neste faladoiro trataremos estes debates de actualidade en torno a estes feitos e analizaremos por que ao longo da historia da muller, sempre que esta se adentrou no campo da creación e do poder, foi definida como unha “pioneira” e as implicacións que isto ten na educación das novas xeracións.

6 de febreiro, de 19,30 a 21h
Aula 6
Alumnado de grao profesional de ambas as dúas especialidades