Gala de Grao Profesional Fin de Curso

O próximo venres día 1 terá lugar a Gala de Grao Profesional 2018 no Gustavo Freire.

Nesta versión particular da obra de Wenceslao Fdez. Flores, o conservatorio poñerá en escena 18 coreografías das especialidades de Danza Clásica e Danza Contemporánea que xirarán arredor dunha narración -á cal puxeron voz o músico Antón Castro e a alumna Candela Díaz- como fío condutor.

As galas do CDAN un clásico en Lugo

 As galas do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, convertéronse co paso dos anos, nun clásico na programación de Danza na cidade de Lugo. Son de feito, un referente para moitos dos cidadáns e cidadás que asisten a espectáculos de danza na cidade. O aforo está prácticamente completo.

Durante o espectáculo terán cabida tamén as actuacións dos obradoiros que se imparten no centro e ao que o alumnado asiste de maneira voluntaria a maiores do seu horario obrigatorio, tal é o caso dos obradoiros de Flamenco e de Danza Galega.

Un mundo de sensacións para o alumnado de sexto curso

 Na gala ríndese tamén unha merecida homenaxe ao alumnado de sexto curso, que verán rematados seus estudos profesionais tras oito anos no centro. Un mundo de sensacións como despedida coa calor de familiares, amigos, profesorado e compañeiros, que arrouparán -co lóxico entusiasmo- a quen durante anos formou parte da familia cedanística.

Para uns é a despedida dos estudos de danza, para outros a continuación hacia os estudos superiores.

Non nos queda dúbida de que para todos e todas é "a Gala", a súa particular gala.

Xa vemos de preto o bosque. Prevenidos...