O CDAN na Xornadas de Música Contemporánea de Compostela

As Xornadas de Música de Contemporánea seguen a indagar na transversalidade da música e a súa relación con outras artes. 'Six Japanese Gardens' é un espectáculo de música, danza e pintura en vivo inspirado e concibido a partir dun dos símbolos máis significativos da cultura xaponesa: o círculo.
 
Six Japanese Gardens

Obras de Kaija Saariaho, Chris Hatzis, Luis Antunes Pena, Pablo Beltrán e John Luther Adams.

A fascinación de Occidente polas expresións da cultura oriental e polas correntes filosóficas que nela xurdiron data de tempos inmemoriais e serviu de inspiración a moitos compositores europeos ao longo dos séculos.

Six Japanese Gardens é un espectáculo de música, danza e pintura en vivo inspirado e concibido a partir dun dos símbolos máis significativos da cultura xaponesa: o círculo. Alegoría da iluminación, da forza, da elegancia, do universo ou do baleiro, permite construír un relato no que cada peza parece agromar da anterior, nun proceso permanente que non é de alienación, senón de desfiguración ou transformación continua e na que, como no trazo que pecha o círculo, a última peza parece finalizar no mesmo punto no que comezou a primeira.

Grupo de danza contemporánea do Conservatorio de Danza Profesional de Lugo

Este grupo de danza está formado por alumnas de grao profesional da especialidade de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Desenvolven a súa actividade no marco das clases deste conservatorio baixo a dirección académica e artística das profesoras do centro. A formación do grupo é  exible e adáptase ás diferentes necesidades de cada unha das coreografías propostas.

Grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

Este grupo de percusión está formado por estudantes de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xóan Montes, e desenvolve a súa actividade no marco das clases de conxunto deste centro. A formación do grupo é  exible e adáptase ás diferentes necesidades de cada un dos proxectos levados a cabo.

Yano Yoro (Susana Llorente)

Comeza os seus estudos de arte oriental en Madrid en 1992. O seu interese pola  losofía Zen lévaa ao encontro coa pintura á tinta Sumi-e (corrente xaponesa empregada na pintura Zen). Tras varios anos de estudo e disciplina nesta materia, emprende un novo camiño coa práctica da caligrafía e da pintura chinesa, fonte primixenia na arte da contemplación e de trazo único. Yoro foi discípula do mestre Li-Chin Pang, entre outros.

En 2009 trasládase a Muxía. A forza e a beleza desta nova contorna, serviu de detonante que a impulsou a se embarcar nunha nova obra persoal xa co pseudónimo de Yano Yoro. Nela emprega como soporte principal a tinta, o papel de arroz, a seda e as graxas ao lume sobre cerámica e porcelana. De clara in uencia oriental, a súa obra evoca a esencia da paisaxe convidándonos a redescubrila dende a perspectiva dunha ollada interior. A simplicidade do seu xesto e a súa paleta practicamente acromática conseguen conectar coa emoción e o sentimento místico que produce a súa contemplación.

Coreografías:

Silvia Victoria Eijo, coreografía

Alba Felpete, coreografía

Ana Belén Ferreiro, coreografía

Reyes González, coreografía

Julia Penado, coreografía

Xiana Vilas, coreografía

Yano Yoro, pintura

Diego Ventoso, dirección musical

 

Domingo 29 outubro 2017          

 

12:30  Auditorio de Galicia

Avda. do Burgo das Nacións 981 574 152/ 981 552 290