O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo atende á cidadanía por teléfono e correo electrónico de xeito ordinario.

Poderase solicitar atención presencial a través de cita previa escribindo ao correo electrónico conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.es ou chamando ao teléfono 982284704.

EN CASO DE ATENCIÓN PRESENCIAL IMPRESCINDIBLE GARDAR A DISTANCIA MÍNIMA DE SEGURIDADE DE -POLO MENOS- DOUS METROS, TANTO NOS ACCESOS COMO NOS ESPAZOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.
 

Raquel González García
Directora CDAN Lugo
Lugo, 11 de maio de 2020

  • Aprázanse as probas específicas de acceso 2020 /2021, cuxa superación forma parte dos requisitos de acceso ás ensinanzas elementais e profesional de danza
  • As probas de acceso terán lugar no momento no que as circunstancias sanitarias o premitan

ABERTO PRIMEIRO PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN ONLINE ÁS PROBAS DE ACCESO A PRIMEIRO CURSO DE GRAO PROFESIONAL E PRIMEIRO CURSO DE GRAO ELEMENTAL CURSO 2020 – 2021

 PRAZO

DENDE O 5 DE MAIO AO 5 DE XUÑO

VACANTES PREVISTAS

-34 vacantes para o primeiro curso de Grao Elemental.

-15 vacantes para o primeiro curso de grao profesional na especialidade de Danza Clásica.

-15 vacantes para o primeiro curso de grao profesional na especialidade de Danza Contemporánea.

 PROCEDEMENTO DE PRE-INSCRICIÓN

Para formalizar a pre inscrición débese enviar un correo electrónico co asunto “Pre-inscrición  Probas de Acceso 2020 2021”  á seguinte dirección e.mail : conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

 No e.mail deben constar os seguintes datos:

 -Datos persoais do alumno: Nome, Apelidos, Data de nacemento.

 -Datos de contacto dos proxenitores: Nome, teléfono e correo electrónico.

 -Curso para o que solicita a pre-inscripción.

Posteriormente no momento da inscripción se solicitará entrega de DNI ou libro de familia foto tamaño carné. No caso de inscrición as probas de grao profesional se solicitará tamén o pago das taxas correspondentes (34 euros/17 euros familia numerosa/ exenta familia numerosa especial).

Información sobre o desenvolvemento das probas de acceso na web do Conservatorio:

https://www.edu.xunta.gal/centros/conservatoriodanzalugo/?q=node/257#attachments

ABERTO PRIMEIRO PRAZO DE PREINSCRICIÓN ONLINE CURSO PREPARATORIO 2020 – 202

(Dende o 4 Maio ao 4 de Xuño por rigoroso orde de inscrición)