"Alicia no país das marabillas", é a temática escollida para a Gala de Clausura do Grao Elemental 2017 que terá lugar o próximo venres día 26 ás 20.30 horas.

Nesta cita tan sinalada, onde o alumnado de grao elemental mostra parte do traballo realizado durante todo o curso, poderanse ver un total de once coreografías compostas polo profesorado.

A entrada é libre e de balde, téndose que retirar as entradas na ANPA ou -si aínda quedan- na billeteira do auditorio o día do espectáculo. 

Pode consultar o programa de man no anexo

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ O Mércores 23 DE MAIO EN ADMINISTRACIÓN!

 

CONVOCATORIA PREMIO FIN DE GRAO CURSO 2017-18
(ORDE do 10 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento para a obtención de matrícula de honra e premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza)

ESPECIALIDADE DANZA CLÁSICA

(Xoves 24 de Maio)

TRIBUNAL:

ESPECIALIDADE DANZA CONTEMPORÁNEA

(Xoves 24 de Maio)

TRIBUNAL:

 

CONTIDOS DA PROBA DE DANZA CLÁSICA

CONTIDOS DA PROBA DE DANZA CONTEMPORÁNEA

1.- Interpretación de dous variacións de repertorio clásico a elexir entre tres propostas polo alumno/a, unha por elección do tribunal e outra elexida libremente polo alumno/a.  As variacións propostas deberán ser de dificultade de nivel de sexto curso e alomenos de dous estilos diferentes. Todas elas realizadas en puntas para as chicas. A música a traerá o aspirante.

Criterios de valoración:

- Calidade técnica e correcta execución.

- Coordinación e correcto uso do espazo.

- Musicalidade.

- Capacidade de interpretación e asimilación do estilo.

2.- Realizar unha improvisación ou exercicio de composición coreográfica con unha música elexida polo tribunal de duración non superior a tres minutos. O Alumno/a disporá de 15 minutos tras escoitar a música para preparar esta proba.

Criterios de valoración:

- Aproveitamento do espazo.

- Adecuación da composición coreográfica ao estilo musical.

- Creatividade, orixinalidade e calidade interpretativa.

1.- O alumno deberá elexir e interpretar unha coreografía dentro destas liñas de traballo e coreógrafos propostos a continuación:

a) Jiri Kylian, Mats Ek, Nacho Duato.

b) Akram Khan, Sidi Larbi Cherkaoui, Ohad Naharin.

c) Anne Teresa de Keersmaeker, Angels Margarit.

2.- O alumno interpretará unha coreografía dun estilo e liña coreográfica distinta á elixida e interpretada anteriormente.

Criterios de valoración das coreografías presentadas:

- Calidade técnica e correcta execución.

- Coordinación e correcto uso do espazo.

- Musicalidade.

- Capacidade de interpretación e asimilación do estilo.

3.- O alumno desenvolverá unha improvisación de carácter libre, a elixir entre tres pezas musicais presentadas polo tribunal.

Criterios de valoración da improvisación:

-Dominio do espazo, os ritmos e as dinámicas.

-Dominio do manexo enerxético nos movementos.

-Dominio das calidades de movemento.

-Coñecemento e recursos nos diferentes planos espaciais.

-Sensibilidade artística e musicalidade.

-DURACIÓN DAS PEZAS COREOGRÁFICAS: Non máis de cinco minutos.

-DURACIÓN DA IMPROVISACIÓN: Entre tres e cinco minutos.


 

Máis info no adxunto

 

No adxunto inclúese a información retaliva ás probas de Acceso curso 2018/19

Unha nova Mostra de Carácter tivo lugar no día de hoxe no Auditorio do CMUS Xoán Montes.

Os cursos comprendidos entre 1º elemental e 2º de GP, mostraron o traballo realizado nas materias pertencentes ao Departamento de Carácter.

O espectáculo arrancou cunha Tarantella por parte do alumnado de 2º de Elemental para seguir coas materias de Danza Galega, Introdución á Danza Española e Danza de Carácter, en segundo de Grao Profesional.

Houbo lugar tamén para o Obradoiro de Danza Galega, materia voluntaria para o alumnado dos últimos cursos de grao profesional e que puxeron en táboas, "Herdanza".

Beatríz Gamborino, Lucía Pérez, Bárbara Piñeiro e Cristina Lata, como profesoras do Dpto. de Carácter encargáronse de coreografiar as distintas actuacións. Mentras tanto, nun auditorio ateigado de público, palpábase o entusiasmo e goce de compañeiros, familiares e amigos.

A Mostra de Repertorio de Danza Clásica do Conservatorio de Danza de Lugo chega ao Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba o xoves 4 de maio. Na representación poderán verse fragmentos dos máis salientables ballets clásicos, dende "Lago dos cisnes" a "Raymonda", pasando por "Bayadera" "A Bela durminte" ou "La fillè mal gardè", entre outras.
A función comezará ás 20.30 e a entrada é libre e de balde até completar o aforo.
 
Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Vilalba
 
O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo é o único centro público da Consellería de Educación da Xunta de Galicia onde se poden estudar as ensinanzas elementais e profesionais de Danza, nas especialidades de Danza Clásica e Danza Contemporánea.
 
Distribuir contido