Biblioteca José Fontenla Leal

Biblioteca do CMUS Xan Viaño - José Fontenla Leal

 

 Vista xeral dos fondos

 A nosa biblioteca ten uns 115 m2 e está situada no primeiro andar do edificio. Posúe boa iluminación natural con zonas diferenciadas: unha para os andéis cos fondos, unha zona de traballo cos fondos de consulta e tres ordenadores, e unha zona para as publicacións periódicas.

 A día de hoxe ten uns 6100 fondos e dentro dos servizos que ofrece están o empréstito a domicilio de libros e partituras, emprego de ordenadores para o alumnado do centro,  consulta, lectura e estudio en sala así como a posibilidade de consultar os fondos en depósito.

 Participa no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) desde 2012.

 

 

 

          O bruxo Xanvi é a nosa mascota

 

 

Dispón de 3 ordenadores con conexión a internet

 

 Podes seguirnos en:

http://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com

 

Resultado de imagen de crear buzon sugerencias blogspot

Web compatible co navegador Mozilla Firefox

Distribuir contido