ÚLTIMAS NOVIDADES DE INTERESE

Utilizaremos este espazo para destacar aquelas novidades que acontezan no noso Centro e que poidan ser do interese dos diferentes membros da súa Comunidade Educativa.

 

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O BACHARELATO ARTÍSTICO

O vindeiro Xoves 28 de Febreiro ás 19:00 h., celebrarase unha charla na Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño a cargo da Xefatura de Estudos, docentes e Orientadora do IES Carballo Calero de Ferrol para destacar aqueles aspectos máis salientables do Bacherelato Artístico e solventar aquelas dúbidas que sexan necesarias.

Esperámosvos.

p.19.02.19

 

 

 CUALIFICACIÓNS DO I TRIMESTRE

A partir das 17:00 h. do mércores 19 de Decembro de 2018, as familias ou alumnado maior de idade poderán consultar en Centros Net (podedes pinchar neste link ou na opción que aparece no menú da columna da dereita desta web que pon Acceso CENTROSNET) as cualificacións do I Trimestre.

 

Asemade, pinchando en Instruccións acceso cualificacións (podédelo ver na columna dereita desta web) abrirase unha páxina nova para tratar de solventar aquelas dúbidas que poidan xurdir así como as diferentes opcións que aparecen nesa aplicación.

 

Calqueira dúbida que teñades, por favor, poñédevos en contacto co Conservatorio a maior brevidade posible.

 

p.18.12.18

 

 

TITORÍAS 2018-19

Premendo no título deste epígrafe, podedes  consultar as Titorías das/os Docentes do Centro e que podedes solicitar na Conserxería.

Prégase que sexan solicitadas con tempo suficiente.

Podédelas consultar no menú "Alumnado" da marxe esquerda da web.

 

 

 

 

 

 

 

 

p.19.01.18

 

REVISTA DO

 

CONSERVATORIO:

 

FALAMUS 2017-18

 

A imaxe de abaixo é a portada da Revista Falamus correspondente ao curso 2017-18.

 

Pinchando sobre a imaxe poderedes descargala e consultala.

Esperamos que vos guste.

 

p..18.07.24

GUÍA DO ALUMNADO E DO PROFESORADO

Todo as familias teñen a súa disposición a "Guía do Alumnado - 2018-19" para a súa consulta e información sobre os aspectos máis relevantes do Centro. Podédelo consultar e descargar no menú dereito "Alumnado">"Guía do Alumnado"

De igual xeito, o profesorado ten accesible no menú privado de Profesorado a "Guía do Profesorado -2018-19".

Esperamos que sexa da vosa axuda.

 

p. 18.09.26

   

Web compatible co navegador Mozilla Firefox