Instruccións acceso cualificacións
Estimados/as alumnos/as, nais, pais e titoras/es:
A consulta das cualificacións da I e II Avaliación (ADVERTENCIA: as cualificacións da III Avaliación, que é a final, entregaranse en papel), faltas de asistencia a clase e outros datos dos/as alumno/as do noso Centro, realizarase a través da aplicación CENTROSNET.
Para acceder a esta aplicación precisarase ir a web do conservatorio http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusxanviano/ e no menú dereito facer click en Acceso a CENTROSNET; os datos para o acceso son:
Usuario: Data de nacemento co formato dd/mm/aaaa
Contrasinal: Nº expediente (este dato pódese atopar no carné de estudante e nos boletíns de cualificacións, non varía durante os distintos cursos).
Os alumnos con máis dunha especialidade terán que acceder co número de expediente de cada unha, o número será o mesmo para todas as especialidades pero engadindo unha letra a, b ou c segundo sexa 1ª, 2ª ou 3ª especialidade, por ex: 123456a, 123456b ou 123456c
No primeiro acceso á aplicación abriráse unha ventana na que terán que facilitar unha contrasinal persoal, por defecto aparecerá o correo electrónico facilitado no momento da matrícula, comprobar que este ben gravado. No caso de non aparecer unha dirección de correo electrónico deberá engadirse.
Logo debemos acceder a conta de correo indicada para activar o contrasinal persoal.
A próxima vez que acceda a CENTROSNET, deberá introducir os tres campos:
O usuario, contrasinal e contrasinal persoal.
Menús da aplicación:
General: Horario do alumnado, envíos de mensaxes aos profesores das materias nas que esta matriculada/o e solicitude do cambio de datos persoais.
Historial: Expediente, faltas de asistencia a clase é materias nas que realizou a matrícula no curso actual.
Menú: Cualificacións das avaliacións e observacións do profesorado.
Común: Enlaces para a descarga dos programas necesarias para o bo funcionamento da aplicación CENTROSNET.
IMPORTANTE:
- As cualificacións das avaliacións só teñen carácter informativo, o documento acreditativo das cualificacións finais son os informes que entregará o titor no conservatorio ao remate do curso nas convocatorias de xuño e setembro.
- Algúns navegadores de internet poden almacenar na súa memoria os contrasinais polo que é recomendable borrar estes datos nos ordenadores de uso público.
- Pódese descargar un arquivo cun titorial de todo o explicado aquí, a continuación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Acceso CENTROSNET.pdf | 77.21 KB |
Web compatible co navegador Mozilla Firefox