Skip to Content

Alumnos do centro

As datas de matriculación serán competencia do Equipo Directivo do Conservatorio, podéndose establecer nos meses de xuño/xullo, unha vez rematado o período lectivo, ou no mes de setembro, segundo a organización que o Centro estableza aos efectos oportunos. Para isto estableceranse os prazos oportunos anunciados coa suficiente antelación.

Os alumnos que superen todas as asignaturas no mes de xuño deberán realizar a súa matrícula no período de xuño/xullo, e o alumno que non superase algunha asignatura no mes de xuño poderá superala no mes de setembro e a súa matrícula será, tamén, no mes de setembro.

A matriculación realizarase na Secretaria do Centro nos horarios establecidos a tal efecto.

O alumnado que polo motivo que sexa non efectúe a matrícula nos ditos prazos establecidos perderá polo tanto os dereitos sobre a súa praza no Centro, pero poderá presentar unha solicitude de admisión, aportando a documentación requirida perante o Equipo Directivo, que autorizará ou non a matrícula fóra de prazo



page | by Dr. Radut