Skip to Content

Audición-Concerto conxunta dos departamentos de Piano e Vento Madeira

Audición-Concerto conxunta dos departamentos de Piano e Vento Madeira

 

Hoxe, Mércores día 6 de xuño ás 21:00 horas na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional/Escola de Música Municipal de Tui con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar un concerto moi especial.

Por unha banda, neste concerto tocarán unha alumna de saxo e outra de clarinete de 6º e 5º de Grao Profesional respectivamente. Pola outra, este acto serve de concerto de despedida dunha alumna da especialidade de piano moi querida no centro que remata 6º de Grao Profesional e se chama Julia Portela Pino.

As persoas que acudan a disfrutar con nós do talento dos nosos alumnos poderán disfrutar de obras de compositores tan importantes coma Mozart, Debussy, Paul Maurice e I. Pleyel, entre outros. 



blog | by Dr. Radut