Skip to Content

Blogue de Ruben

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO PROFESIONAL XUÑO 2024

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE TUI (CURSO 2024-2025)

 

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO PROFESIONAL XUÑO 2024

 

06 de Maio

PUBLICACIÓN DA OFERTA DE PRAZAS VACANTES PARA O ACCESO A 1º DE GRAO PROFESIONAL (A partires das 18:00 hs.)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 687 24 99 57Horario de oficina: Luns de 09:00-13:00 hs. e de Luns a Venres de 15:00-20:00 hs.
  • Na nosa páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

Do 08 ao

28de MAIO

 

PERÍODO DE INSCRICIÓN PROBAS DE ACCESO 1º GRAO PROFESIONAL (INSCRICIÓN GRATUITA):

  • De xeito telemático cumprimentando o seguinte formulario web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/347

  • De xeito presencial na oficina do centro: Horario: Luns de 09:00-13:30 hs. e de Luns a Venres de 15:00-20:00 hs.
  • De xeito telefónico chamando ao 687 24 99 57 no mesmo horario de atención.
  • Descargando a calquera hora este impreso, cumprimentando e escaneando o mesmo para envialo por correo electrónico a unha das seguintes direccións:

                              cmus.profesional.tui@edu.xunta.gal

conservatorio@tui.gal

29 de Maio

LISTA PÚBLICA DE ADMITIDOS ÁS PROBAS (A partires das 18:00 hs.)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 687 24 99 57Horario de oficina: Luns de 09:00-13:00 hs. e de Luns a Venres de 15:00-20:00 hs.
  • Na nosa páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

04 de Xuño

 

PUBLICACIÓN DOS TRIBUNAIS E HORARIOS PARA AS PROBAS (A partires das 18:00 hs.)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 687 24 99 57Horario de oficina: Luns de 09:00-13:00 hs. e de Luns a Venres de 15:00-20:00 hs.
  • Na nosa páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

12 - 13 - 14 de XUÑO

PROBAS DE ACCESO (entre as 16:00 e as 22:00 hs.)

17 de XUÑO

RELACIÓN DE ALUMNOS ADMITIDOS E LISTA DE ESPERA. (A partir das 18:00 hs.)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 687 24 99 57Horario de oficina: de Luns a Venres de 09:00-13:30 hs. e de 16:00 a 20:00 hs.
  • Na nosa páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

Do 17 ao 21 de Xuño

 

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS AS CALIFICACIÓNS DAS PROBAS DE ACCESO.

 

 PRESENCIALMENTE: De Luns a venres de 09:30-13:30 hs.

Do 19 ao 20 de Xuño

 

MATRÍCULA PARA O 1º CURSO DE GRAO PROFESIONAL.

  • De xeito presencial na secretaría do Centro en horario de Luns a venres de 09:00 a 13:30 hs.
  • Na nosa páxina web a calquera hora:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/297

 

O alumno debe presentarse nas probas co seu D.N.I., folla de rexistro de inscrición para esta

proba e unha copia das pezas a interpretar para o tribunal. Máis información das probas nos seguintes enlaces e na páxina web do centro:

 

Proba Instrumental:  http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/195

Proba Linguaxe Musical: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/226

Criterios de Avaliación: https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/486

Concerto de alumn@s do centro na programación das festas de San Telmo 2024

Hoxe e mañán, mércores 3 e xoves 4 de abril a partir das 18 hs. na carpa do paseo da corredoira, terán lugar os dous concertos de alumn@s do centro que forman parte da programación das festas de San Telmo 2024.

Nestes dous concertos poderemos escoitar obras de diferentes estilos e agrupacións instrumentais que de seguro serán do gusto de todos os asistentes.

Achégate con nós para disfrutar de música de calidade da man dos nosos alumn@s e profesores!

Pregón de semana santa 2024

O próximo domingo, 17 de marzo, ás 18.00 hs. na Capilla das Reliquias da catedral, terá lugar a lectura del pregón de Semana Santa a cargo de Xosé María Lores Pérez, profesor xubilado do IES San Paio. O broche final do acto consistirá nun concerto a cargo de alumnos e profesores do  Conservatorio Profesional de Música de Tui.

CONCERTO DO DÍA DA MULLER 2024

Este venres 8 de marzo a partir das 19:30 hs. terá lugar na Sala de Audicións do centro, con entrada de balde ata completar aforo, o Concerto do día da muller 2024 do noso centro no que alumnas, alumnos e profesores interpretarán unha selección de obras de compositoras de moita calidade e de variadas formacións.

Ademais, a xente que se achegue ao centro durante hoxe mércores, o xoves ou o propio día do concerto poderá botar unha interesante ollada a infografías realizadas por alumnas e alumnos do Grao Profesional sobre compositoras de renome e o seu legado.

Esperámosvos a tod@s!

DÉCIMO SEGUNDO ANIVERSARIO DA EUROCIDADE TUI-VALENÇA

O Teatro Municipal de Tui acollerá hoxe, sábado 10 de febreiro ás 21 hs. un concerto co que Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario.

En concreto participarán no evento un centenar de músicos pertencentes a alumnos de Grao Profesional do noso centro xunto coa Academia  de  Música  da  Fortaleza  de  Valença, á Asociación Musical  de  San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.

En concreto o repertorio a interpretar serán "Balada Galega" de Juan Montes;  "Reflexos Paisagísticos" e "Balada de Outono" de Bernardo Lima; "Alborada Galega"  de Pascual Veiga; "Grândola, vila morena"  de Zeca Afonso; "Unha Casa Portuguesa" con arranxos de Amilcar Morais; "Catro temas galegos"  de Manuel Mª Veiga;  "Cançoes de tradiçao"  de Luís Cardoso; "Que viva Tui" de José A. Veiga Paradis e "Havemos de ir a Viana" con arranxos de Alvaro de Sousa.

Deste xeito sobre o escenario quedará plasmado o intercambio musical de músicos dende as dúas beiras do Miño.

As entradas para este concerto poderanse retirar de balde dende ás 20 hs. no despacho de billetes no Teatro Municipal, cun máximo de dúas localidades por persoa.

Vinde a disfrutar con nós de boa música nesta data tan especial para a Eurocidade Tui-Valença!

CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL 2023

Concerto Santa Icía 2023: Imaxes

Concerto Santa Icía 2023

O próximo mércores 22 de novembro ás 20 hs. na sala de audicións do centro con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o concerto no que festexamos a Santa Icía, patroa da música e dos músicos. Para festexar esta data tan importante contaremos con actuacións individuais e grupais de alumnos de todos os nivéis nos que disfrutaremos de música nunha data tan importante para nós.

Se queredes escoitar boa música ESTADES TODOS CONVIDADOS a festexar con nós este momento tan especial!!

 

Fai Clik nas imaxes para descargar o programa de concerto ou o cartel!

Distribuir contido


by Dr. Radut