SSCE0212 - Promoción para a igualdade efectiva de mulleres e homes

A formación deste curso enfócase a analizar as situacións de desigualdade de xénero e as consecuencias que ten para a comunidade. Estúdanse os recursos e as actividades para acadar a igualdade entre homes e mulleres. No curso diséñanse campañas de sensibilización, elaboración de material de difusión (folletos, carteis, etc.), diseño de proxectos de prevención da violencia de xénero, etc.

 

Datas de impartición: 6 de abril a 27 de setembro de 2021

Horario: meses de abril e maio de 15 a 21 horas e de xuño e xullo de 9 a 15 horas. O horario das prácticas en empresa estará suxeita ao horario da entidade.

Lugar de impartición: CIFP A Xunqueira (Pontevedra). Información: Teléfono: 886159860  Correo electrónico: cifp.xunqueira@edu.xunta.gal   

Inscrición: antes do 19 de marzo de 2021 nas seguintes canles: www.emprego.xunta.gal / Oficina de emprego

Ámbitos profesionais:

Administracións públicas, empresas, asociacións, fundacións, organismos que traballan directamente coa igualdade.

 

Ocupacións que podería desempeñar despois de realizar esta formación:

_Técnico/a de apoio en materia de igualdade efectiva de mulleres e homes.

_Promotor/a de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

_Promotor/a para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

 

Titulación que se acadaría:

Certificado de profesionalidade de promoción da igualdade efectiva entre homes e mullerres.

 

Requisitos:

_Estar en situación de desemprego

_Acreditar algunha destas titulacións:                 Bacharelato.

     Certificado de profesionalidade de nivel 3.

     Certificado de profesionalidade de nivel 2    da mesma familia profesional.

     Competencias clave para o nivel 3.

     Requisitos de acceso a un ciclo de grao superior.

     Proba de acceso a universidade para maiores de 25 e/ou de 45.

 

Total en horas: 588

450 horas do curso.

120 horas prácticas empresa.