try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
">
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

CICLOS de FP -OFERTA - INFORMACION XERAL

 

VISITA DO  PROFESORADO DO CIFP SOMESO A  FÁBRICA  DE FABRICACIÓN MECÁNICA DE ALTA PRECISIÓN EN  ARCOS DE VALDEVEZ (PORTUGAL)

Esta visita foi froito das xestións realizadas pola orientadora ( Angeles Piay) en colaboración coa responsable de Proxectos Europeos do centro( Inmaculada Fernández) e co xefe do departamento de Fabricación Mecánica( Xosé Noceda) .

Tiña por finalidade coñecer a fabrica MPV ( Mecánica de Precisión do Vez) en Arcos de Valdevez, onde esta a realizar a FCT o alumno do C.Superior de Programación en Produción Mecánica (David Piay).

A impresión do profesorado do centro foi moi satisfactoria en canto a alta tecnoloxía que se puido comprobar  na fábrica así como a súa organización, nivel de control de calidade e bo ambiente laboral.

Recibiunos o director da empresa Manuel Da Silva  tivemos en primeiro lugar  un cambio de impresións e posteriormente o alumno en prácticas foi o encargado de mostrar  a fábrica aos profesores. O alumno mostrouse moi satisfeito co aprendido no período de prácticas e o  director tamén manifestouse moi contento co traballo realizado polo alumno.

Esta fábrica supón un interesante colaborador  para o noso centro pois o seu director non descartou poder admitir a novos alumnos en prácticas no futuro.

  

 

 

David Piay coa orientadora do centro e a responsable dos Programas Europeos (ERASMUS) do centro.

 

 

O xefe de departamento de Fabricación Mecánica  do centro o alumno e a responsable dos Programas Europeos.

 

 

Máquina de control numérico xaponesa. A empresa tiña máquinas de control numérico de tecnoloxía punteira segundo o xefe do departamento de fabricación Mecánica Xosé Fernández Noceda.

 

 

 

 

 

SI BUSCAIS EL FP QUE MEJOR  SE ADAPTE A VUESTROS INTERESES, BUSCA EN:

 

http://orientacion.educaweb.com/es/presentacion

 

¡Bienvenido, bienvenida al GR!
Con el GR empieza tu Gran Recorrido por el mundo de los estudios y profesiones, no esperes que nadie decida por ti. A partir de ahora, ¡tú escoges!
El GR se ha elaborado con el ánimo de ayudarte en el proceso de decisión de tu proyecto profesional.
Tiene como finalidad profundizar en el autoconocimiento, a entender mejor como eres y hacerte reflexionar sobre lo que quieres hacer, para determinar qué estudios u ocupaciones pueden proporcionar una mejor satisfacción.
Con el GR, irás identificando tus gustos, preferencias e intereses respecto una serie de características personales que deberás tener en cuenta en la selección de tus futuros estudios o de tu profesión. Debes seguir todos los pasos que se establecen en este cuestionario.
La elección de unos estudios o de una profesión es un proceso largo. No esperes poder llegar a una decisión final de forma inmediata. Lo que se pretende es que vayas organizando tus ideas para realizar una buena elección, principalmente, determinar qué grupos ocupacionales son los que mejor encajan con tu forma de ser.
Debes seguir todos los pasos que se establecen en el GR. Cuanto más atento leas su contenido y cuanto más sinceras sean tus respuestas, más orientación podrás obtener.
Está pensado para personas de todas las edades a partir de 16 años, y de cualquier nivel formativo.

-------------------------------------------------------------------------------------

VALIDACIONS LOE-LOGXE:

http://www.edu.xunta.es/fp/node/10360

 

Oferta de FP 2012-2013

 Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial ?asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

 A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

 Nas seguintes ligazóns podes atopar a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario na modalidade presencial, e a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia para o curso 2012-2013, clasificadas por provincia e concello, así como por familia profesional e ciclo:

 Réxime ordinario na modalidade presencial:

        Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 14.06.2012)

 Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):  

     Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 14.06.2012)

Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):

 Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (actualizado 14.06.2012)

 

Información xeral de admisión  

Para realizar estudos de formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso para cada tipo de ensinanzas, participar nun proceso de admisión.  

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.  

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizados en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente.

 Existen tres formas de cursar estas ensinanzas:

 Réxime ordinario

Este réxime está organizado en cursos, normalmente dous, en quendas de mañá e tarde.

A asistencia ás clases é obrigatoria.

O alumnado que estea en condicións de pasar a segundo curso deberá realizar unha solicitude de admisión aínda que terá a praza garantida sempre que sexa no mesmo centro.

O alumnado que teña que repetir o curso terá que realizar unha nova solicitude de admisión, aínda que terá a praza garantida sempre que repita por primeira vez no mesmo centro e ciclo.

 Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso. A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.A asistencia ás clases é obrigatoria.

 Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

 Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo. Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

 A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor do curso.

 Nos módulos de ciclos da LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir os requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso cumprir os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

 Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

 - Normativa reguladora do proceso de admisión

- Calendario de admisión (18 de xuño 2012 ao 2 de xullo 2012)

 -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

INFORMACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS

MODIFICACIÓNS RECENTES NAS PROBAS DE CICLO SUPERIOR

 CURRICULOS DOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP

VER PAXINA DE FP EN : http://www.edu.xunta/fp

Aquí e podedes baixas as probas escritas de moitos cursos, tamén podedes ver un exemplo da proba de matemáticas do CS do ano 2009 no arquivo adxunto desta páxina. Leede no arquivo adxunto desta páxina tódalas posibles exencións tanto para as probas do CM como as do CS . ë importante que sepades que a duración dos aprobados que se obteñan nas probas so serán de "duas convocatorias" o que é o mesmo valen durante "dous cursos",se non iniciades os estudios nese tempo terás que volvera facer a proba.