try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
">
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Departamento de Edificación e Obra Civil

EDIFICACIONEOBRACIVIL

 DISTANCIA BIOCONSTRUCION

 

Presentacion
A Familia Profesional de Edificación e Obra Civil dá lugar á obtención duns títulos e certificados de profesionalidade cuxas competencias se refiren ao desenvolvemento e aplicación de proxectos urbanísticos, de edificación e de obra civil, así como aos métodos de control dos plans de obra, de calidade e de seguridade, á xestión dos recursos, ás operacións de mantementos de primeiro nivel da maquinaria de construción e aos procesos de execución das obras.

As cualificaciones profesionais identificadas e expresadas nos perfís do conxunto dos estudos de Edificación e Obra Civil responden ás necesidades de formación nos campos de construción de edificios industriais, comerciais, de servizos e de vivendas, así como de aeroportos, estradas, obras marítimas e hidráulicas, obras subterráneas, ferrocarrís, conduccións lineais de fluídos e a súa rehabilitación. 

[ MÁIS INFORMACIÓN ]

 

 

Oferta
Estes son os ciclos ofertados para o curso 2017/18 en réxime ordinario, en réxime modular ou en ambos.
Selecciona sobre o ciclo desexado para saber máis:

CSPECSPOCCMFP-BASICA

[ VER TRÍPTICO]

[ INFORMACIÓN ESPECÍFICA PARA "SEMIPRESENCIAL/DISTANCIA" ]

 

 

Descubrir
A continuación podes ver diferentes informacións e traballos que fixeron os nosos alumnos nos últimos meses...

  

  • [09/2017] Presentación do curso 2017/18

Pronto comezará o novo curso.
Na portada da web do CIFP Someso pódense consultar as datas e horas de presentación dos diferentes diclos.
Contactade co Instituto para obter información sobre posibles prazas vacantes.

 

  • [07/2017] Exposición de proxectos e maquetas no vestíbulo do CIFP Someso

Con motivo da finalización do curso 2016/17 expuxemos unha selección de proxectos e maquetas elaborados polos alumnos do centro.
Ademais poderedes ver outras maquetas realizadas este ano mediante a técnica de impresión 3D, así como fotografías de actividades desenvolvidas nos diferentes módulos da familia profesional.

 

  • [06/2017] Presentación dos proxectos dos Ciclos Superiores.

Tras realizar a súa "Formación en Centros de Traballo" os alumnos dos ciclos superiores regresaron ao CIFP Someso para facer a defensa dos proxectos que tiveron que desenvolver simultaneamente. Algúns destes alumnos tiveron a oportunidade de facer estas prácticas en empresas situadas noutros paises da Unión Europea.
Entre outros aspectos destacaron as infografías 3D que presentaron.

3D1    3D2

  

  • [05/2017] Práctica de manexo de GPS.

Alumnos de 2º curso do  Ciclo Superior de Proxectos de Obra Civil, realizaron un levantamento topográfico con GPS diferencial en tempo real "RTK". Os alumnos observan a controladora esperando ter a súa disposición o maior número de satélites posibles para realizar o traballo de campo. 
Nun segundo plano outros alumnos realizan traballos de levantamento con estación total.

 GPS

 

 

Esperamosche
Ven ao CIFP Someso para informarte sobre o proceso de matrícula. 
Selecciona sobre a imaxe para saber como chegar:

 DIRECCION  MAPA