try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
">
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

NORMAS DE FUNCIONAMENTO E ESTRUTURA XERAL DO CICLO FORMATIVO

 * Condicións: Maior ou igual a 18 anos ou que os cumpran nese ano natural no que comeza o curso escolar. Entre os 16 e os 18 anos que acrediten a súa condición de traballadores/as ou deportistas de alto rendemento.

 ** As persoas adultas poderán matricularse de calquera dos módulos do ciclo formativo correspondente sempre que se garanta a compatibilidade horaria do 90% no caso de ensinanzas en modalidade presencial. En todo caso, a matrícula parcial de módulos realizarase para un mesmo ciclo formativo e non poderá superar a carga lectiva anual de 960 horas.

*** No caso de ensinanzas de réximes diferentes (ordinario e adultos) a compatibilidade horaria do 90% será posible realizar a matrícula simultánea en dous ciclos formativos coa autorización do servizo provincial de Inspección Educativa. Durante un mesmo curso académico, un alumno ou unha alumna non poderán estar matriculados nun  mesmo módulo profesional nas modalidades a distancia, semipresencial ou presencial, así coma nas probas libres para a obtención de éste. 

* No mesmo centro pódense consumir dúas convocatorias, o alumnado poderá realizar a matrícula de 1º e 2º curso no mesmo centro un máximo de 2 veces. O alumnado que, despois de consumir as dúas convocatorias previstas para o mesmo centro, teña módulos pendentes e precise consumir a terceira (ou cuarta) convocatoria, poderá completar os módulos profesionais non superados e, así, concluir os seus estudos solicitando a admisión noutro centro polo réxime ordinario, ou polo réxime para as persoas adultas ou mediante probas libres.

Excepcionalmente poderase formalizar unha terceira ou unha cuarta matrícula no mesmo curso académico no mesmo centro sempre que o ciclo formativo teña a condición de liberado (que existan prazas dispoñibles e non haxa lista de espera).

MÓDULO = 4 CONVOCATORIAS

 CADA CURSO SUPÓN 1 CONVOCATORIA

** O alumnado que esgotase as catro convocatorias previstas por motivos de enfermidade, discapacidade ou outros que condicionen ou impidan o desenvolvemento ordinario dos estudos poderá solicitar unha convocatoria extraordinaria ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para concluir os seus estudos.