Iniciar sesión |
NovasDepartamento de Administración: Visita a SargadelosO Pasado 10 de outubro o grupo de 2º do C.S. de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS do CIFP PORTA DA AUGA de Ribadeo-Lugo VISITOU A FÁBRICA DE SARGADELOS co fin de coñecer o seu sistema de producción en planta circular e comprobar que son fieles o seu eslogan que é a marca da casa: DESEÑO, CULTURA, HISTORIA E CALIDADE. Dar as grazas polo seu acollemento os/as traballadores/as de esta “pequeña gran industria”.
( categories: )
Exames Setembro FP Básica( categories: )
Admisión FP Dual CM Electromecánica de maquinariaO noso CM de Electromecánica de maquinaria, (En modalidade FP Dual), prorroga o prazo de admisión durante todo o mes de Xullo. Rogamos ós interesados que se acheguen pola nosa oficina de secretaría para recibir máis información ou chamar ó 982128894.
( categories: )
Nova oferta modular de ciclo formativo de Grao Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.Curso 2017/18Para o vindeiro curso 2017-2018 impartiremos unha oferta modular de 4 módulos do CFGS Sistemas electrotécnicos e automatizados da familia de Electricidade e Electrónica.
A oferta será dos módulos seguintes:
Para coñecer o horario destes módulos pincha aquí. AO ser unha oferta modular non é necesario matricularse dos 4 módulos. A matriculación nestas ensinanzas debe realizarse cubrindo a solicitude via web. Preme aquí. Máis información sobre matrículación e solicitude de praza aquí. ( categories: )
FP Dual Electromecánica de maquinaria (Curso 2017/18):No próximo curso ofertarase por primeira vez no noso centro o Ciclo Medio de Electromecánica de maquinaria en réxime de FP dual. Este réxime ten unhas implicacións de coordinación e relación con empresas moi superior ao réxime ordinario. Empresas do sector forestal manifestáronnos as dificultades que estaban a ter para poder contratar traballadores coa formación e capacitación adecuada, así que, tras contactar e reunirnos con estas e outras empresas do sector, comezamos a perfilar este ciclo de Dual, axeitado para formar traballadores produtivos nun prazo de tres anos, e co incentivo para os estudantes dunha remuneración económica por parte das empresas desde o primeiro momento. Os alumnos deste ciclo recibirán a maior parte da formación teórica de cada módulo no noso centro, a parte teórica máis específica e a formación práctica recibirana na empresa que lles corresponda. Os candidatos deben ter idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos. Terán que superar un proceso de selección ( entrevista persoal na empresa correspondente), así como cumprir os requisitos de acceso. As empresas que van participar no proxecto son: Dingoma S.A: Empresa asturiana do sector de maquinaria forestal constituída no ano 1992. Están especializados na construción de Autocargadores, Equipos contra incendios, Equipos de compactado e Dumper, sita en Jarrio. Monra Forestal: Antigos talleres Ramón Castro. Empresa asturiana especializada na construción de cabezais procesadores e empacadoras enfardadoras de biomasa e residuos forestais, situada en Castropol. Fondrigo Maquinaria: Empresa asturiana especializada en Maquinaria agrícola e de construción, obra pública e urbana. Son importadores das marcas Schäffer e Westermann. Ubicada en Vegadeo. Talleres Rouco: Empresa galega situada no Valadouro. Están especializados na reparación e venda de todo tipo de maquinaria forestal, agrícola e de obras públicas. Tamén traballan con maquinaria de elevación e transporte. TECMAF: O centro técnico de maquinaria forestal foi fundado no 2005 e está situado no polígono de Barreiros. Traballan na reparación de todo tipo de maquinaria forestal cunha elevada especialización, posúen unhas instalacións de 3.600 m2 e realizan reparacións de maquinaria in situ. Logmax Iberia: Empresa de nova creación situada no Polígono industrial de Fazouro, importadora en España das marca suecas Eco log, Log Max, Bruks e a estadounidense C.B.I, especializada en maquinaria forestal.
CLUN: Cooperativas Láctea Unidas. A gran cooperativa galega colaborará connosco coa súa sección de maquinaria agrícola. ( categories: )
Cualificacións de Probas Libres 2017Publicanse as cualificacións da parte teórica das probas libres para á obtención dos módulos dos ciclos formativos: -CS Administracion e finanzas.Preme aquí. -CM Xestión Administrativa.Preme aquí. -Cs Educación Infantil.Preme aquí. -CM Atención á Persoas en Situación de Dependencia.Preme aquí. -CM Obras de Interior.Preme aquí.
Publicanse as cualificacións da parte práctica das probas libres para á obtención dos módulos dos ciclos formativos: -CS Administracion e finanzas.Preme aquí. -CM Xestión Administrativa.Preme aquí. -Cs Educación Infantil.Preme aquí. -CM Atención á Persoas en Situación de Dependencia.Preme aquí. -CM Obras de Interior.Preme aquí. ( categories: )
Calendarios de exames de probas libres 2016-2017( categories: )
Visita dos alumnos de 1º de Ciclo Medio de Carrozaría ás empresas Carrocerías Hnos. Rega e á fábrica de lanchas Moggaro Aluminium Yachts.O alumnado da Familia Profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos visitou o 05/04/17 as instalacións das empresas de construcción de carrocerías Hnos. Rega e Moggaro Aluminium Yachts, nas cales puideron observar parte dos procesos da construcción de carrocerías.
( categories: )
Obradoiro de Comunicación on-line (28/03/17)Os alumnos de 2º do C.M. de Xestión Administrativa xunto cos de 1º do C.S. de Administración e Finanzas participaron nun obradoiro sobre “Comunicación online para empresa” o día 28 de Marzo, impartido por Blanca Díaz Reimunde.
O obxectivo deste obradoiro é que o alumnado coñeza as posibilidades que achega o emprego correcto das redes sociais no ámbito profesional, os medios máis axeitados para a creación de páxinas web e blogues de empresa, así como outras ferramentas de comunicación e marketing que lles resultarán moi útiles na súa vida laboral, como a creación dun perfil profesional en Likendin.
( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|