Inicio de sesión: acceso

Consello social

Consello social

O Consello Social é o órgano de participación da sociedade nos centros integrados de formación profesional. Nesta composición tenderase a unha composición equilibrada de homes e mulleres, e estará composto polos seguintes membros:

a) Catro representantes da Administración, entre os que figurará o director ou a directora do centro, que exercerá a presidencia do consello. Outros dous destes representantes designaraos a dirección xeral correspondente á consellería que teña a titularidade do centro, e o cuarto representante designarao a consellería implicada na autorización e da que non dependa o devandito centro.

b) Catro representantes do centro, do cal formará parte o/a xefe/a de estudos e tres serán elixidos polo claustro.

c) Catro representantes das organizacións empresariais e sindicais con maior representatividade e con representación no Consello Galego de Formación Profesional, dous deles das organizacións empresariais e outros dous de organizacións sindicais.

d) O secretario ou a secretaria do centro ocupará a secretaría do consello, con voz e sen voto.

 

As funcións do Consello Social serán as seguintes:

a) Establecer as directrices para elaborar o proxecto funcional do centro, así como a súa aprobación.

b) Aprobación dos plans anuais e as memorias do centro.

c) Aprobar o orzamento e o balance anual.

d) Realizar o seguimento das actividades do centro, asegurando a calidade e o rendemento dos servizos.

e) Emitir informe con carácter previo ao nomeamento do director ou da directora do centro.

Distribuir contido