Inicio de sesión: acceso

Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2015/2016

Orde do 10 de febreiro de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos (entre outros):

  • Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2015/16 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e telos rematados no ano 2016.
  • Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50