Skip to Content

Procedemento

Suxestións e Queixas

Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Manuel Antonio, poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:

Suxestión: Idea que se lle aporta á dirección do CIFP con ánimo construtivo para a súa mellora.

Queixa: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (Sistema de Xestión da Calidade) ou legais.

Pode elixir dúas vías diferentes para enviarnos a súa mensaxe: enviar un documento en papel (sección Documento SQ) ou facernos chegar a súa mensaxe on-line cubrindo o formulario que poñemos á súa disposición e premendo en enviar (sección Formulario).

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Secretaría Xeral Técnica.

Finalidades do tratamento

Recoller as suxestións e queixas da comunidade educativa coa finalidade de emprender accións

que permitan a mellora dos servizos prestados.

Lexitimación para o tratamento

Consentimento da persoa interesada.

Destinatarios dos datos

Non se prevén comunicacións a terceiros salvo as previstas na lei.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou  en calquera das Oficinas de rexistro e información propias da Xunta de Galicia segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

Contacto delegado de protección de datos e información adicional

 

https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

 

Distribuir contido


by Dr. Radut