Bolsas e axudas

Bolsas de práctica laboral na Deputación de Pontevedra e concellos da provincia para o ano 2018

Convocadas 200 bolsas de práctica laboral na deputación e concellos da provincia de Pontevedra para titulados universitarios e de ciclos superiores de formación profesional.

  • A finalidade destas bolsas é que as persoas tituladas adquiran a práctica profesional que proporcione valor engadido á formación académica. 
  • Desenvolveranse en distintos servizos da Deputación de Pontevedra e concellos da provincia de Pontevedra
  • A duración é de 6 meses coa posibilidade de prórroga por 6 meses máis.
  • A axuda é de 740 €/mes para os ciclos de formación profesional e de 840 €/mes para as titulacións universitarias
  • Prazo presentación solicitudes do 17 de abril ata o 7 de maio de 2018

Titulacións que se convocan dentro da oferta educativa do noso centro:

 

o   Ciclo Superior en guía, información e asistencias turísticas/información e comercialización turísticas

 

o   Ciclo Superior en análise e control/ laboratorio de análise e control de calidade

 

Para resolver calquera dúbida, a través dos correos electrónicos promociondoemprego@depo.es e persoal@depo.es ou a través dos teléfonos 986 80 41 00 Ext- 40704 (Daniel) ou 40705 (Ana)

BASES DA CONVOCATORIA

VI Convocatoria Bolsas EUROLINGUA. Cursos de inglés en Irlanda.

Eurolingua Venairlanda® publica a VI Convocatoria de Bolsas para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o mes de agosto de 2018 nun programa de inmersión todo incluido. Convócanse un lote global de 20 becas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 23.59 horas do 27 de abril de 2018.

As bases pódense consultar na seguinte ligazón.

 

Convocatoria dos premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2016/2017

Veñen de ser convocados os Premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2016-2017. O prazo para presentar as solicituDes remata o 16 de marzo.

Ligazón á convocatoria

Convocatoria dos premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2015/16.

O martes 28 de febreiro publicouse no DOG a orde do 10 de febreiro de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal introducindo o código de procedemento ED311B na  correspondente caixa de búsqueda.

Convocatorias bolsas oficinas turismo e mercados emisores

Información nesta ligazón

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido