Bolsas e axudas

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/2019

Prazo para presentar solicitudes: para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 11 de xuño ao 8 de agosto de 2018.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.

Orde do 24 de maio de 2018 (DOG)

Galeuropa: Programa de movilidade transnacional xuvenil.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca Galeuropa 2018: axudas para que á mocidade galega faga prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos.

A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as inscritos/as en Garantía Xuvenil non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

A realización das prácticas formativas non laborais xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade

As axudas á mobilidade establecidas nesta orde regularanse a través de tres procedementos distintos:

BS324A: axudas individuais de mobilidade, concedidas directamente á mocidade galega. 

BS324B: axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

BS324C: axudas para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos.

Destinatarios/as das prácticas formativas non laborais: participantes das mobilidades

1. As persoas destinatarias das mobilidades deberán estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

2. Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultasen beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Requisitos para estar en Garntía Xuvenil: 

a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. 

b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. 

c) Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal cos códigos BS324A, BS324B E BS324C

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xuño de 2018

Máis información no DOG do 18 de maio de 2018 e en Programas Europeos

PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2018, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Destinatarios/as:

a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.

b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.

Proxectos:

Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €.

Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2018.

Áreas de atención prioritaria:

a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.

b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.

c) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.

d) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.

e) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.

f) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.

g) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.

h) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.

i) Dinamización da lingua galega entre a mocidade

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de xuño de 2018.

Mais información e solicitude

Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio o grao superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos.

Presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo será de 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG 14  de maio)

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018.

Máis información

Distribuir contido