Probas de acceso

Probas de acceso a ciclos de FP

Toda a información relativa as probas de acceso a ciclos formativos de GRAO MEDIO 

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2018

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do día 17 ao 20 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

  Máis información

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Convocatoria 2018. Período de inscrición.

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Prazo de inscrición: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos incluídos.

Máis información:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Convocatoria 2018

Publicada a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

Prazos de inscrición:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
    Logo

 

 

 

Distribuir contido