Curso 2018-2019

Actividades do curso 2018-2019

II Xornada Emprende 2019

O pasado mércores tivo lugar a II Xornada Emprende, organizada pola Coordinación de Emprendemento do noso centro e que tivo por finalidade achegar ao alumnado experiencias emprendedoras relacionadas coas cinco familias profesionais do CIFP Manuel Antonio.

Entroido 2019

O vindeiro Xoves 28 de febreiro, nas quendas de diurno e vespertino, celebraremos no CIFP Manuel Antonio o noso particular entroido, no que participaremos dun Concurso de Disfraces e de Murgas, e unha degustación de petiscos típicos desta festa. Animamos a todo o alumnado e profesorado do centro a participar desta tradición da cultura popular galega e a sorprendernos coas súas composicións!!!

II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas

Esta semana tivemos a oportunidade de participar na II Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que celebra, por segundo ano, o Concello de Ponteareas, e que ten por finalidade dar a coñecer a toda a comunidade educativa o amplo abanico de ensinanzas que a formación profesional ofrece.

Seminario de Cava 2019

Os pasados 15 e 16 de xaneiro, o profesor de servizos e formador de cava do noso centro, Manuel Mazás Lamelas, levou a cabo un Seminario de Cava co alumnado de segundo curso dos ciclos medio de Servizos de restauración e superior de Dirección de Servizos. Durante dous días tiveron a oportunidade de coñecer distintos tipos de cava, as súas propiedades e procedencia, o proceso de elaboración, e tamén de realizar unha cata e maridaxe de distintos tipos de cava.

Visita guiada caracterizada. Aguias de Vigo

O pasado xoves 29 de novembro o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turística e do CS de Axencias de Viaxe, realizaron unha fantástica viaxe ao Vigo do século XIX. A historia da nosa cidade contada a través da vida de tres grandes mulleres: Concepción Arenal, Irene de Ceballos, esposa de Policarpo Sanz e a Marquesa de Quiñones de León. Tamén Bernardo González del Valle, Cachamuiña, líder da Reconquista de Vigo tivo moitísimo que contarnos.

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo
Distribuir contido