Curso 2018-2019

Actividades do curso 2018-2019

Simulacro de incidente con múltiples vítimas. Curso AFD

No curso AFD "Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes" que se está a impartir no noso centro, realizouse o pasado venres 5 de abril un simulacro de incidente con múltiples vítimas. Unha “catástrofe” que ocorreu na biblioteca do CIFP Manuel Antonio onde parte do teito derribouse deixando estudantes feridos e atrapados. Nesta actividade simulada o alumnado puido poñer en práctica as habilidades e aprendizaxes do curso.

Campionato Nacional de FP SpainSkills2019

Madrid. 27, 28 e 29 de marzo. O sábado rematou en Madrid o campionato nacional de Formación Profesional SpainSkills 2019, no que participaron xunto ao "equipón galego" os nosos alumnos Andrés Salgueiro Troitiño e Ainara Navarro Muñoz, medallas de ouro GaliciaSkills2018, nas modalidades de Servizo de Restaurante e Bar, e Recepción hoteleira respectivamente. 

Exposición Traballos CM Confección e Moda.

O hall do noso centro luce cunha exposición dalgúns dos fantásticos traballos confeccionados polo alumnado dos réximes ordina

Taller de sensibilización sobre hixiene bucodental no Ceip Balaídos.

As alumnas da 2ª promoción do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental ofreceron aos mais pequeniños do Ceip Balaídos, un taller de sensibilización sobre o coidado dental e a importancia do cepillado bucal. Para esta xornada deseñaron diverso material didáctico e realizaron actividades para conciencialos sobre a técnica correcta de cepillado e os hábitos alimenticios adecuados para ter unha dentadura saudable.

EDUGAL 2019. Participación no 8º Salón de Oferta Educativa e Formación de Galicia.

Resumo da participación do CIFP Manuel Antonio no 8º Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia EDUGAL 2019, celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 27, 28 e 29 de febreiro 2019.

Grazas a todo o alumnado e profesorado que colaborou durante as tres xornadas!!

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo
Distribuir contido