Curso 2018-2019

Actividades do curso 2018-2019

Visita guiada caracterizada. Aguias de Vigo

O pasado xoves 29 de novembro o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turística e do CS de Axencias de Viaxe, realizaron unha fantástica viaxe ao Vigo do século XIX. A historia da nosa cidade contada a través da vida de tres grandes mulleres: Concepción Arenal, Irene de Ceballos, esposa de Policarpo Sanz e a Marquesa de Quiñones de León. Tamén Bernardo González del Valle, Cachamuiña, líder da Reconquista de Vigo tivo moitísimo que contarnos.

Galicia Skills 2018

Os pasados 28, 29 e 30 de novembro tivo lugar en Silleda o V Campionato Galicia Skills 2018 onde o alumnado dos distintos centro de FP galegos, demostra cada ano as súas destrezas e habilidades profesionais en 26 especialidades diferentes. 

Obradoiros "Arte en Inglés" no CIFP Manuel Antonio.

O pasado 19 de novembro arrancou o primeiro dos talleres "Art in english" na que participa o noso alumnado, e que dirixe Delfina Picchio, Auxiliar de Conversa do noso centro.

Probas do Trinity College (ISE I, ISE II), niveis B1 e B2 de inglés.

A Consellería de Educación da Xunta ofertou este ano a todo o alumnado que cursan seccións plurilingües en Galicia, a posibilidade de presentarse aos exames do Trinity College (ISE I, ISE II)  para certificar niveis de inglés B1 y B2 segundo o marco da UE.

Visita Adega PACO&LOLA

 

  

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo
Distribuir contido