Milagros Eiroa, profesora de inglés conta a súa experiencia de Erasmus+ en Eslovenia

A miña estadía en Bled, preciosa vila a orillas do lago Bled, Eslovenia, foi altamente produtiva a todos os niveis. Do 23 ao 27 de abril, asistín ás clases de inglés que a miña colega, Cilka Demsar, imparte no Higher Vocational College for Hospitality and Tourism, creado en 1996 como un dos primeiros centros de Formación Profesional con ciclos superiores en Eslovenia. Asimesmo, presenciei unha clase de alemán e formei parte dun equipo de cociña, axudando na elaboración dun menú esloveno, no que Katica, profesora de cociña, moi amablemente, me invitou a colaborar. Este centro, que alberga uns trescentos alumnos e trece profesores, sobresae polas instalacións e aulas modélicas que posúe. O alumnado fai as súas prácticas nun hotel situado a uns catro minutos camiñando, o Hotel Astoria, magnífico hospedaxe con moi bo servizo.

Eslovenia foi todo un descubrimento, destacando o ambiente relaxado do país, o amor e respeto dos cidadans hacia a natureza e os espazos públicos e a educación das persoas en xeral. 

 Milagros Eiroa de la Puente

16 de maio do 2018

  

Iniciar sesión