Ata o 1 de marzo do 2019 podes participar nos PREMIOS MC 28 de abril, que como cada ano convoca a entidade MC Mutual co fin de sensibilizar e transformar os valores, as actitudes e os comportamentos de todos os suxeitos implicados na prevención de riscos laborais, especialmente no sistema educativo.
Hai dúas categorías de participación, FOTOGRAFÍA e REDACCIÓN (adxúntanse bases de participación). Pica na imaxe para acceder a toda a información sobre a convocatoria e anímate a participar!!