Novas de interese

Entroido 2019

O vindeiro Xoves 28 de febreiro, nas quendas de diurno e vespertino, celebraremos no CIFP Manuel Antonio o noso particular entroido, no que participaremos dun Concurso de Disfraces e de Murgas, e unha degustación de petiscos típicos desta festa. Animamos a todo o alumnado e profesorado do centro a participar desta tradición da cultura popular galega e a sorprendernos coas súas composicións!!!

Premios MC 28 de abril. Prevención de riscos laborais

Ata o 1 de marzo do 2019 podes participar nos PREMIOS MC 28 de abril, que como cada ano convoca a entidade MC Mutual co fin de sensibilizar e transformar os valores, as actitudes e os comportamentos de todos os suxeitos implicados na prevención de riscos laborais, especialmente no sistema educativo. 

Hai dúas categorías de participación, FOTOGRAFÍA e REDACCIÓN (adxúntanse bases de participación). Pica na imaxe para acceder a toda a información sobre a convocatoria e anímate a participar!!

Publicación das listaxes definitivas e adxudicación das bolsas Erasmus+ para o alumnado inscrito no proceso Erasmus+ 2018/2019

Achéganse a listaxe definitiva e a adxudicación de bolsas Erasmus+ para alumnado de Ciclo Superior do CIFP Manuel Antonio.   

CONCURSO DE CARTEIS para a Xornada EMPRENDE 2019

Ampliación de prazo ata o 15 de xaneiro para participar no CONCURSO DE CARTEIS para a Xornada EMPRENDE 2019. Consulta as bases máis abaixo e participa! 

 

 
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo 
    

 

 

 

Distribuir contido