Novas de interese

Certame galego de Creadores Novos: Xuventude Crea 2020

A Consellería de Política Social convoca o Programa Xuventude Crea nas seguintes especialidades:

xuventudecrea.2020

Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro, Videocreación. Por tanto, establécense dúas categorías novidosas con respecto a edicións pasadas, que son Creación de videoxogos e Novela curta. Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 19 de agosto de 2020  

Cursos AFD 2020. Accións Formativas para Desempregados

No CIFP Manuel Antonio impártense cursos AFD - Accións Formativas para Desempregados organizados polo Ministerio de Trabajo, Migración y Seguridad Social, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Estes cursos perseguen o obxectivo mellorar o itinerario formativo das persoas, prioritariamente, desempregadas, co fin de aumentar as oportunidades para a súa inserción laboral.

Listaxes definitivas e adxudicación das bolsas Erasmus+ para o alumnado inscrito no proceso Erasmus 2019/2020

Publícanse as listaxes definitivas e adxudicación de bolsas Erasmus+ para alumnado de CM, ZM, CS e ZS do CIFP Manuel Antonio. Ver ficheiros adxuntos.

Acreditación de competencias. Convocatoria 2020

Publicada a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B)

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido