Información xeral

Música libre de dereitos de autor

A continuación imos comentar algunhas da páxinas máis coñecidas que nos permiten descargar música libre de dereitos de autor.

Búsquedas avanzadas en Google

Facer unha búsqueda en Google pode ser a veces complicado. Existen porén algúns comandos que poden facer que a nosa búsqueda sexa máis precisa e facer que atopemos xusto aquelo que precisamos. Esta infografía amosa algúns comandos que poden axudarnos.

Como protexer o meu ordenador e outros dispositivos.

Nesta ligazón poderás ver unha análise das ferramentas anti-virus e anti-malware máis valoradas, das que se pode descargar unha versión gratuita. Contas ademáis coa ligazón para descargalas.

Compra segura en Internet: consellos prácticos

Na seguinte ligazón podes ver consellos e recomendacións para que as túas compras online sexan seguras.

Selos de confianza: que son e para que sirven

Cada vez se utiliza máis Internet para realizar accións como mercar produtos online, xestionar contas bancarias, compartir datos personais, actividades, etc. Porén estas accións que facemos con tanta confianza a veces poden verse afectadas por diversos fraudes, ataques de virus, roubos de datos personais se as páxinas web que usamos non se rixen por unhas normas mínimas que garantan a seguridade e a privacidade dos usuarios. Os selos de confianza nacen precisamente para garantir  ao usuario e consumidor a confianza na páxina web ou aplicación certificada por eles.

Distribuir contido