vídeo, anotacións

Como escribir anotacións ou dar feedback nun vídeo de Youtube ou Vimeo

Cada vez empregamos máis os vídeos como recurso educativo no proceso de ensinanza-aprendizaxe, ben sexa para adquirir coñecementos a través de cursos on-line, ben sexa para a presentación de traballos académicos, o feito é que nos resultan moi atractivos como ferramenta na educación.

Neste contexto xurde a necesidade de tomar notas para logo non ter que visualizar todo de novo á hora de revisar ou dar un feed-back a un vídeo creado polo noso alumnado á hora de correxilo.

VideoNot.es é unha ferramenta que permite pegar a ligazón web dun vídeo de Youtube, Vimeo ou mesmo vídeos de MOOCs de Coursera o EDx e no lado dereito da pantalla, ir tomando apuntes. Estas notas sincronízanse automáticamente con puntos concretos do vídeo que se está a reproducir.

Unha vez rematado o vídeo permítenos gardar automáticamente as notas en Google Drive e mesmo compartilas con outras persoas con comentarios asociados a minutos concretos da duración do vídeo.

Se vos parece interesante, déixovos a ligazón a un vídeo de Youtube onde podedes ver un exemplo de como funciona: https://youtu.be/0OKi8gAr948

 

Distribuir contido