Coordinación de Programas internacionais

APERTURA DO PROCESO DE INSCRICIÓN PARA BOLSAS ERASMUS + DE PERSOAL DO CIFP MANUEL ANTONIO E CONVOCATORIA DE CHARLAS INFORMATIVAS

Dende hoxe martes 7 e ata o xoves 30 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para o persoal do CIFP Manuel Antonio que desexe obter unha bolsa de mobilidade Erasmus +, tanto para formación como para docencia nun país da Unión Europea.

Achéganse na presente noticia as Bases do proceso de selección, a “Guía rápida Erasmus Profesorado” (unha especie de resumo do funcionamento e características das bolsas Erasmus) e os anexos 3 e 4 das Bases en formato Word, para que así o profesorado poda editar os mesmos de cara á súa candidatura.

Para aqueles docentes interesados, faranse dúas charlas informativas por parte do coordinador de Programas Internacionais nas seguintes datas:

Quenda mañá: Mércores 8 de marzo de 11.40 a 12.00 horas na sala de xuntas.

Quenda tarde: Venres 10 de marzo de 18.20 a 18.40 horas na sala de xuntas.

Publicación da listaxe definitiva e adxudicación das bolsas Erasmus para o alumnado de Ciclo Medio inscrito no proceso Erasmus + 2016/2017

Achégase o documento coa listaxe definitiva e a adxudicación das bolsas Erasmus para alumnado de Ciclo Medio.  

Nos próximos días o coordinador de Programas Internacionais porase en contacto co alumnado seleccionado a través do mail facilitado na folla de inscrición para así concertar unha reunión persoal e concretar as empresas e destinos dispoñibles para o goce da mobilidade.

Calquera dúbida podedes consultala no mail internacional.manuelantonio@gmail.com

Listaxe

Publicación das listaxes provisionais coas puntuacións finais do alumnado inscrito no proceso Erasmus + 2016/2017

Achégase o documento coas notas finais provisionais do alumnado de Ciclo Medio e Superior que accedeu á segunda fase do proceso de selección + Erasmus 2016/2017.

Publicación dos horarios das entrevistas coa Comisión de Selección para o alumnado que superase a Fase 1 do proceso de selección Erasmus 2016/2017

Achégase o documento coas datas, lugar e horas das entrevistas para os candidatos que superasen a Fase 1 do proceso de selección Erasmus 2016/2017.

Publicación dos listados de alumnado de Ciclo Medio e Superior que accede á segunda fase do proceso de selección Erasmus 2016/2017

Achégase o documento cos listados de estudantes de Ciclo Medio e Superior que acceden á entrevista coa Comisión de Selección do proceso Erasmus 2016/2017. No mesmo documento tamén se poden consultar as listaxes de espera cos candidatos que non acceden á segunda fase pero que poderán ser chamados en caso de que finalmente existan máis prazas dispoñibles.

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido