Coordinación de Programas internacionais

Experiencia da mobilidade Erasmus de Luis Rodríguez, profesor do Dpto. Téxtil

Lycée des métiers de la vente et de la mode Gabriel Péri

O profesor do Departamento de Téxtil, Luis Rodríguez rematou a súa experiencia de mobilidade Erasmus para profesorado no Lycée Gabril Péri enToulouse. Entre outros, neste centro descubriu a metodoloxía e o enfoque artístico do vestiario escénico. De esta viaxe volve con contactos dunha empresa de traxes de baño de Toulouse disposta a recibir ao noso alumnado de patronaxe e moda!!

Experiencia da mobilidade Erasmus do profesorado de Turismo en Nápoles.

Os profesores de Turismo, Manuel Abalo e Roi Álvarez, veñen de realizar en Nápoles unha mobilidade Erasmus, Recibidos pola Fondazione ITS BACT coñeceron as súas instalacións e aulas, e mesmo impartiron clases sobre o marketing en Galicia e a gastronomía española!

Publicación da listaxe de alumnado de Ciclo Superior que accede á segunda fase do proceso de adxudicación Erasmus+ 2018/2019 e Convocatoria de entrevistas coa Comisión de Baremación

Achégase o documento co listado de estudantes de Ciclo Superior que acceden á entrevista coa Comisión de Baremación do proceso Erasmus+ 2018/2019.

Apertura do proceso de inscrición para bolsas ERASMUS+ de persoal dos CS do CIFP Manuel Antonio. Convocatoria de charlas informativas.

Dende o mércores 14 de novembro e ata o luns 10 de decembro estará aberto o prazo de inscrición para o persoal do CIFP Manuel Antonio que desexe obter unha bolsa de mobilidade Erasmus + de Ciclo Superior, tanto para formaci

Publicación das listaxes provisionais coas puntuacións finais do alumnado inscrito no proceso de adxudicación de bolsas Erasmus + 2017/2018

Achéganse as listaxes coas notas finais provisionais do alumnado de Ciclo Medio e Superior dentro do proceso de adxudicación de bolsas Erasmus+ 2017/2018.

O prazo de reclamación das devanditas listaxes será do día 1 ao 15 de decembro (ambos incluídos). A reclamación dirixirase á dirección do CIFP vía correo electrónico a cifp.manuel.antonio@edu.xunta.es, achegando a folla de reclamación asinada e o DNI do reclamante.

Calquera dúbida podedes poñervos en contacto co coordinador de Programas Internacionais no correo electrónico internacional.manuelantonio@gmail.com

 

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido