Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.
A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.
- Consultar a orde de convocatoria