EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Concurso Proxectos de Fin de Ciclo en galego. Curso 2018/2019

Consulta no arquivo adjxunto as BASES da convocatoria curso 2018/2019.

Máis información no taboleiro de anuncios do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o alumnado da FP Básica participaron nun proxecto transfronteirizo sobre a lingua, o patrimonio e o coñecemento tradicional.

No presente curso o alumnado da FP Básica de Cociña e restauración e da FP Básica de Tapizaría e cortinaxe do CIFP Manuel Antonio participou no Plan Proxecta: Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa colaboración do profesorado do departamento de idiomas que imparte docencia nestes ciclos.

Presentación

            

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE PREMIOS A PROXECTOS REDACTADOS E DEFENDIDOS EN GALEGO

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CIFP Manuel Antonio resolveu conceder os premios a proxectos redactados e defendidos en galego no curso 2016/2017 ao seguinte alumnado:

  • Hostalaría e Turismo: Álvaro Agustín Peralta Techera polo proxecto "Xeira polos Cumios de Vigo e Terras do Miñor".
  • Química: Mireia Míguez Losada polo proxecto "Estudos de repetitibilidade e reproducibilidade".
  • Sanitaria: Andrea Costela Rodríguez polo proxecto "Avaliación de parámetros de tinción, fixación e adquisición de imaxes".
  • Téxtil, Confección e Pel: Carmen Campos Casqueiro polo proxecto "Pretérito Perfecto".

A entrega dos premios realizarase o próximo xoves 29 de xuño ás 13:00 h.
Agradécese a colaboración do profesorado do centro e a participación do alumnado.

 

 
Logo
 
Logo
Logo
Logo
 
Logo
Logo
Logo
Logo
Distribuir contido