Experiencias Erasmus

Experiencia da mobilidade Erasmus+ de profesorado en Finlandia

Entre o 8 e o 12 de abril a profesora de Inglés María J. Tenorio del Río realizou unha estancia Erasmus + en VARIA, un centro de formación profesional na cidade de Vantaa, en Finlandia. Alí estivo en contacto coas profesoras do departamento de turismo e de idiomas, visitou as instalacións de dous dos seus campus, asistiu a clase e impartiu unha sesión sobre cultura española.

Experiencia da mobilidade Erasmus de Luis Rodríguez, profesor do Dpto. Téxtil

Lycée des métiers de la vente et de la mode Gabriel Péri

O profesor do Departamento de Téxtil, Luis Rodríguez rematou a súa experiencia de mobilidade Erasmus para profesorado no Lycée Gabril Péri enToulouse. Entre outros, neste centro descubriu a metodoloxía e o enfoque artístico do vestiario escénico. De esta viaxe volve con contactos dunha empresa de traxes de baño de Toulouse disposta a recibir ao noso alumnado de patronaxe e moda!!

Experiencia da mobilidade Erasmus do profesorado de Turismo en Nápoles.

Os profesores de Turismo, Manuel Abalo e Roi Álvarez, veñen de realizar en Nápoles unha mobilidade Erasmus, Recibidos pola Fondazione ITS BACT coñeceron as súas instalacións e aulas, e mesmo impartiron clases sobre o marketing en Galicia e a gastronomía española!

Milagros Eiroa, profesora de inglés conta a súa experiencia de Erasmus+ en Eslovenia

A miña estadía en Bled, preciosa vila a orillas do lago Bled, Eslovenia, foi altamente produtiva a todos os niveis. Do 23 ao 27 de abril, asistín ás clases de inglés que a miña colega, Cilka Demsar, imparte no Higher Vocational College for Hospitality and Tourism, creado en 1996 como un dos primeiros centros de Formación Profesional con ciclos superiores en Eslovenia. Asimesmo, presenciei unha clase de alemán e formei parte dun equipo de cociña, axudando na elaboración dun menú esloveno, no que Katica, profesora de cociña, moi amablemente, me invitou a colaborar. Este centro, que alberga uns trescentos alumnos e trece profesores, sobresae polas instalacións e aulas modélicas que posúe. O alumnado fai as súas prácticas nun hotel situado a uns catro minutos camiñando, o Hotel Astoria, magnífico hospedaxe con moi bo servizo.

Eslovenia foi todo un descubrimento, destacando o ambiente relaxado do país, o amor e respeto dos cidadans hacia a natureza e os espazos públicos e a educación das persoas en xeral. 

 Milagros Eiroa de la Puente

16 de maio do 2018

  

Erasmus+: Movilidade profesorado do Departamento de Química en Osnabrück, Alemaña

Movilidade de profesorado do Departamento de Química en Osnabrück, Alemaña, que tivo lugar do 23 al 27 de abril de 2018, co obxectivo de establecer unha colaboración intercentros entre o Berufsbildende Schulen de Osnabrück BBS e o CIFP Manuel Antonio de Vigo para futuras movilidades na Familia Química.

 

Álbum: Curso 2017-2018 -> Erasmus+ en Alemaña

 

 Logo
Logo
 

Logo

Logo
Logo
Logo
Logo 
  Logo   

 

 

Distribuir contido