Experiencia Erasmus+ en Eslovenia

Entre o 19 e 23 de marzo, as profesoras Lucía Rodríguez (turismo) e María J. Tenorio (idiomas) realizaron unha estadía Erasmus na cidade de Maribor, en Eslovenia. Durante este tempo estiveron nun centro de ciclo medio no que se ofertan estudos de turismo e restauración, coñecendo como funciona a escola, as instalacións, etc. As dúas impartiron cadansúa clase a alumnado deste centro, unha experiencia moi enriquecedora na que puideron comprobar, entre outras cousas, o alto nivel de inglés do estudantado esloveno.

                                          

   

Despedida de Querquia Backman, auxiliar de conversa de inglés

O pasado 22 de maio, organizouse no restaurante do centro una comida de despedida da auxiliar de conversa Querquia Backman para agradecerlle a súa magnífica labor no noso centro. 

Estivo acompañada por compañeiros que traballaron con ela durante os dous anos que permaneceu no Manuel Antonio.

Foi todo un pracer tela entre nós. Thank you Querquia!

 

 

Álbum: Curso 2017-2018 -> Despedida de Querquia, auxiliar de conversa

Milagros Eiroa, profesora de inglés conta a súa experiencia de Erasmus+ en Eslovenia

A miña estadía en Bled, preciosa vila a orillas do lago Bled, Eslovenia, foi altamente produtiva a todos os niveis. Do 23 ao 27 de abril, asistín ás clases de inglés que a miña colega, Cilka Demsar, imparte no Higher Vocational College for Hospitality and Tourism, creado en 1996 como un dos primeiros centros de Formación Profesional con ciclos superiores en Eslovenia. Asimesmo, presenciei unha clase de alemán e formei parte dun equipo de cociña, axudando na elaboración dun menú esloveno, no que Katica, profesora de cociña, moi amablemente, me invitou a colaborar. Este centro, que alberga uns trescentos alumnos e trece profesores, sobresae polas instalacións e aulas modélicas que posúe. O alumnado fai as súas prácticas nun hotel situado a uns catro minutos camiñando, o Hotel Astoria, magnífico hospedaxe con moi bo servizo.

Eslovenia foi todo un descubrimento, destacando o ambiente relaxado do país, o amor e respeto dos cidadans hacia a natureza e os espazos públicos e a educación das persoas en xeral. 

 Milagros Eiroa de la Puente

16 de maio do 2018

  

PROXECTO E-TWINNING

Este proxecto levouse a cabo dende o mes de outubro e finalizará a finais de maio.

A profesora de francés Marina participou en francés co seu alumnado de 2º CS Aloxamentos e a profesora de inglés Patricia participou en inglés e español co seu alumnado de 1ºCM Servizos.

Iniciar sesión