Curso 2012/2013

Homenaxe ao Profesor Victor Garcinuño

         

Hoxe celebramos unha merecida homenaxe ao Profesor Victor Garcinuño, que exerceu como docente dende os inicios do "Manuel Antonio" no Departamento de Debuxo Técnico e facendose cargo tamen do que hoxe chamamos as Tic's ou Novas Tecnoloxias.

MUSEO "VICTOR GARCINUÑO"

Esta homenaxe celebrouse na planta superior da Biblioteca onde se alberga museo do centro, xa que a partires de agora pasa a chamarse Museo "Victor Garcinuño", en recoñecemento a laboura que realizou no centro durante todos estes anos e tamen debido a que a maior parte das pezas que están alí foron recopiladas por el mesmo.

VER FOTOGRAFÍAS

Visita da Asociación Down Vigo

 

Alumnos e alumnas da Asociación DOWN VIGO, visitaron as instalacións do Departamento de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias para coñecer mais de preto as aulas-obradoiro de Cociña, Pastelaría e Restaurante.

VER FOTOGRAFÍAS

Visita do C.E.I.P "Párroco Don Camilo"

                          

 

Esta semana visitaron as nosas instalacións, os alumnos e alumnas do CEIP "Párroco Don Camilo" de San André de Comesaña de Vigo, onde disfrutaron dos obradoiros que lles prepararon os alumnos do C.M de panadaría.

Demostración de "Latte-art" na Aula-Obradoiro de Cafetaría

                        

Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio e Superior de Servizos, tiveron a oportunidade de coñecera a técnica de "latte-art". Para coñecer os segredos desta técnica que millor que contar con Damián Seijas que foi CAMPIÓN e Premio MILLOR LATTE-ART no VII Campionato de Baristas de Galicia, celebrado no Fórum Café - Santiago de Compostela 2012.

CONCURSO DE DOCES

                             

Entregaronse os premios do concurso As nosas Lambetadas celebrado no noso centro. O xurado tivo dificil para decidir aos gañadores/as entre as receitas participantes.

A clasificación quedou do seguinte xeito:

Flan de queixo, elaborado por Verónica Barra Vicente.

Cachiño de froitas, elaborado por Tamara Mesa Fariñas.

Cup Cakes recheas, elaborado por Sofía Fernández Domínguez.

Torta de chocolate, laranxa e café, elaborado por Elena Vilar Rial.

Torta de laranxa e chocolate, elaborado por Francisco Javier Pazos Vieitez

En agradecemento  pola súa participación, o CIFP Manuel Antonio fixo entrega a cada un dos participantes dun vale para canxear por un xantar no Restaurante do centro "Manuel Blanco Hermida".

Noraboa a todos/as!!

 

 
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo
Logo 
    

 

 

 

Distribuir contido