Outras actividades

Visita á empresa de Tapizaría Candal e ó Museo do Pobo Galego.

ALUMNOS DE TAPIZARÍA

 

Visita á empresa de Tapizaría Candal e ó Museo do Pobo Galego.

 

 

 

O pasado día 18 de Febreiro os alumnos de primeiro e segundo curso de Tapizaría foron de excursión acompañados por as súas profesoras Begoña Álvarez, Isabel Iglesias e Luz Raposo.

 

Empezaremos falando da visita a Tapizaría Candal, pero primeiro vouvos comentar que esta empresa xa leva unha longa traxectoria profesional.

Foi fundada por Jose Antonio Candal Vieites no ano 1978 no municipio de Ordes. Hoxe en día forman parte do equipo de traballo o seu fillo Pablo e a muller deste, Begoña. Non soamente traballan a nivel nacional, se non que  gran da actividade productiva desta empresa vai destinada á exportación. Un gran número de clientes son extranxeiros.

 

Convídovos a que visitedes a súa páxina web e observedes vós mesmos a calidade dos traballos que realizan. A min impresionoume ver o tapizado en pel dos asentos,  as portas  e o teito dun coche tan mítico como é o Jaguar.

 

 Aparte do tapizado de butacas, cabeceiros de cama, etc, poderedes ver imaxes do proceso de tapizado dos asentos dun BMW. Paga a pena velo.

 

Tiveron sorte os alumnos de Tapizaría de poder visitar a empresa. Quizá no futuro algúns destes alumnos teña a sorte de traballar na Tapizaría Candal.

 

Según comentan as profesoras, os alumnos manifestan ter un grande interese en traballar nesta empresa o que quere dicir que quedaron encantados de facer esta visita.

 

http://www.tapiceriacandal.com/

 

 

Esta é unha das mellores fotos que sacou o grupo nesta viaxe. Aquí posan contentos os alumnos e as profesoras con parte do equipo de traballo da Tapizaría Candal.

 

 

 

 

 

 

 

Pablo candal explica o proceso de traballo na empresa e responde ás preguntas que lle fan os alumnos que se amosan moi interesados nas explicacións.

 

 

 

 

 

 

 

Jaime e Mario ofrécense a realizan unha operación nunha máquina industrial. Os nosos alumnos teñen un grande interese por probar as novas máquinas que se están a utilizar neste sector. 

A máquina que están a utilizar é unha troqueladora neumática para forrado de botóns seguindo as orientacións de Pablo Candal.

 

 

 

 Temos que agradecer á Tapizaría Candal a acollida que brindaron ós nosos alumnos. Foron moi amables e contestaron a todas as preguntas que lles fixeron. Foi unha gran experiencia para eles pois puideron observar os procesos de tapizado dentro da empresa.

 

 

 Os alumnos quedaron entusiasmados e manifestaron que lles encantaría formar parte do equipo nesta empresa cando rematen os seus estudios.

 

 

 

 

Xa se atopan en Santiago. Nesta foto posa parte do grupo acompañados da profesora Luz. Toman un descanso antes de ir visitar o museo. Vense moi alegres nunha actitude moi simpática. Nótase que o están pasando ben desta viaxe.

 

 

 

 

 

Aquí se atopan posando na entrada do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

 

Posan de esquerda a dereita Miguel, Carmen, Lara, Mario,Tai, Kevin, Clara, Jaime e Alex acompañados das profesoras Isabel e Begoña.

 

 

Aquí podedes ver mellor ós vosos compañeiros. Posan moi contentos.

 

 

Foi interesante para os alumnos descubrir as orixes do Pobo Galego. Quedaron abraiados cando descubriron moitos obxectos que xa non se usan e que eles nunca tiveron ocasión de ver, pero si os seus avós.

 

 

 

 

 

 

 

Quedaron admirados os alumnos e decidiron posar Lara, Tai, Carmen e Miguel na emblemática triple escaleira helicoidal que forma parte do museo pois é un elemento singular dentro do patrimonio arquitectónico de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

Foi unha experiencia enriquecedora tanto a nivel educativo como cultural.

 

 

Gracias rapaces por compartila con nós. ¡Houbéranos gustado estar alí!

 

 

 

 

SAMAÍN 2019

Samaín

Visita dos alumnos de 1º de COMO a STL